Guia docente 2016_17
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Vías e Requisitos de Acceso

 
Vías e requisitos de acceso
 
O RD 1892/2008, de 14 de novembro, modificado polo RD 558/2010, regula as condicións para o acceso aos ensinos universitarios oficiais de Grao e os procedementos de admisión ás universidades públicas españolas. En ditas normativas establécese que poderán acceder aos ensinos universitarios os seguintes grupos:
  • Estudantes en posesión do título de bacharel que superasen unha proba de acceso á universidade (PAU): artigos 37 e 50.2 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos de Estados membros ou doutros Estados cos que España subscribise Acordos Internacionais: artigo 38.5 da Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
  • Estudantes procedentes de sistemas educativos estranxeiros, previa solicitude de homologación do título de orixe ao título español de Bacharel.
  • Estudantes en posesión dos títulos de Técnico Superior correspondentes aos ensinos de Formación Profesional e Ensinos Artísticos ou de Técnico Deportivo Superior correspondentes aos Ensinos Deportivos: artigos 44, 53 e 65 da Lei Orgánica 2/2006, de Educación.
  • Maiores de 25 anos: Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades.
  • Persoas que acrediten experiencia laboral ou profesional, segundo o previsto no artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Maiores de 45 anos: artigo 42.4 da Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, na redacción dada pola Lei 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a anterior.
  • Titulados universitarios: poderán acceder aqueles que estean en posesión dun título universitario oficial de Grao ou título equivalente; estean en posesión dun título universitario oficial de Diplomado universitario, Arquitecto Técnico, Enxeñeiro Técnico, Licenciado, Arquitecto, Enxeñeiro, correspondentes á anterior ordenación dos ensinos universitarios ou título equivalente; cursasen estudos universitarios parciais no estranxeiro ou, finalizándoos, non obtivesen a súa homologación en España e desexen continuar estudos nunha universidade española. Neste suposto, será requisito indispensable que a universidade de orixe recoñecese polo menos 30 créditos
 
Perfil de ingreso
O perfil de ingreso recomendado é o aquilo estudantes que accederon polas vías anteriores e con clara vocación para a Enxeñaría de Minas.
En concreto, as características persoais (sensibilidades, aptitudes, capacidades específicas, etc.) e académicas desexables que se consideran máis adecuadas para iniciar os estudos de Graduado/a en Enxeñaría dos Recursos Mineiros e Enerxéticos pola Universidade de Vigo son as seguintes:
  • Coñecementos das ciencias básicas: Física, Química, Matemáticas e Xeoloxía.
  • Interese polos temas que se relacionan cos recursos naturais e inquietude por coñecer os fenómenos asociados a estes, así como preocupación polos problemas ambiental.
  • Capacidade de análise, síntese e razoamento lóxico.
  • Capacidades básicas para a expresión oral e escrita e para a comprensión lectora.
  • Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo.
  • Disposición para ser parte activa do proceso ensino-aprendizaxe, con preocupación pola calidade e motivación polo logro dos obxectivos.
 
Canles de difusión
No Real Decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, especifícase a obrigación das Universidades Españolas de dispor de sistemas accesibles de información e procedementos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso. Atendendo a este requirimento, a Universidade de Vigo ofrece información e orientación ao alumnado de novo ingreso nos seus programas vida e mergúllate.  
Doutra banda, desde a Universidade de Vigo articúlanse liñas de acción no relativo aos sistemas de información previa á matriculación e aos procesos de acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso. Pola súa banda a ETSE de Minas desenvolve outras liñas de acción que apoian a difusión, a transferencia científica, a acollida e orientación dos estudantes de novo ingreso.
  
 
Orientación ao alumnado
A Universidade de Vigo conta cunha serie de servizos que facilitan o apoio e orientación dos estudantes unha vez matriculados.  Ademais, na ETSI de Minas desenvólvense outras liñas de acción de orientación e apoio aos estudantes matriculados dentro do Plan de Acción Titorial (PAT) .
 
  
 
Transferencia e recoñecemento de créditos
 
 

Alumnado procedente de outras titulacións de grao

O Consello de Goberno da Universidade de Vigo na súa reunión do 23 de xullo de 2008 aprobou a “Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES”. Na normativa establécense as seguintes regras básicas:

  1. Sempre que o título ao que se pretende acceder pertenza á mesma rama de coñecemento, serán obxecto de recoñecemento os créditos correspondentes a materias de formación básica da devandita rama.
  2. Serán obxecto tamén de recoñecemento os créditos obtidos naqueloutras materias de formación básica pertencentes á rama de coñecemento do título ao que se pretende acceder.
  3. O resto dos créditos poderán ser recoñecidos pola universidade tendo en conta a adecuación entre as competencias e coñecementos asociados ás restantes materias cursadas polo estudante e as previstas no plan de estudos, ou ben que teñan carácter transversal.

Seguindo esa normativa proponse a seguinte táboa de recoñecemento para as materias de formación básica:

RAMA DE COÑECEMENTO

MATERIA DA RAMA DE COÑECEMENTO

MATERIA DO PLAN

ECTS

INGENIERIA E ARQUITECTURA

FÍSICA

FÍSICA: FÍSICA I

6

FÍSICA: FÍSICA II

6

FÍSICA: SISTEMAS TÉRMICOS

6

EXPRESIÓN GRÁFICA

EXPRESIÓN GRÁFICA

6

EMPRESA

EMPRESA: DIRECCIÓN E XESTIÓN

6

QUÍMICA

QUÍMICA

6

INFORMÁTICA

INFORMÁTICA: ESTATÍSTICA

6

MATEMÁTICAS

MATEMÁTICAS: CÁLCULO I

6

MATEMÁTICAS: CÁLCULO II

6

MATEMÁTICAS: ÁLXEBRA LINEAL

6

 

 

TOTAL

60

Doutra banda establécese a seguinte táboa de convalidaciones para alumnos que accedan desde o Grao de Tecnoloxías Industriais da Universidade de Vigo:

Curso

Grao de Enerxía

 

Curso

Grao de Tecnoloxías Industriais

Electrotecnia

ß

Fundamentos de Teoría de Circuítos e Máquinas Eléctricas

Tecnoloxía de Materiais

ß

Ciencia e Tecnoloxía de Materiais

Mecánica de Fluídos

ß

Mecánica de Fluídos

Termodinámica e Transmisión de Calor

ß

Termodinámica e Transmisión de Calor

Resistencia de Materiais

ß

Resistencia de Materiais

Enxeñaría Mecánica

ß

Teoría de Máquinas e Mecanismos

Optativa Xeral  4

Organización de empresas e Sistemas de Produción e Fabricación

ß

Fundamentos de Organización de Empresas

Fundamentos de Sistemas de Produción e Fabricación

4º Itinerario Eficiencia Enerxética

Enxeñaría de sistemas e Control

ß

Fundamentos de Automática.l

Itinerario Eficiencia Enerxética

Tecnoloxía Electrónica

ß

Tecnoloxía Electrónica

Tecnoloxía Ambiental

ß

Enxeñaría Ambiental

Calquera recoñecemento de créditos fóra do especificado anteriormente e o que, no seu momento, acórdese para estudos de grao cursados noutras Escolas de Enxeñaría de Minas, é responsabilidade da Comisión Académica, delegada da Xunta de Titulación. Antes de tomar a súa decisión sobre o recoñecemento, a Comisión solicitará informe non vinculante aos profesores responsables da materia para a que se pide recoñecemento. Calquera decisión farase atendendo á coincidencia de competencias, contidos e número de créditos entre a materia cursada e a que se solicita convalidar.

Titulados de Ciclos Superiores en Formación Profesional
No artigo 8 “Recoñecemento doutros estudos ou actividades profesionais” da Normativa de transferencia e recoñecemento de créditos para titulacións adaptadas ao EEES di “Conforme aos criterios e directrices que fixe o Goberno e o procedemento que fixa a Universidade poderán ser recoñecidos como equivalentes a estudos universitarios a experiencia laboral acreditada, os ensinos artísticos superiores, a formación profesional de grao superior, os ensinos profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior, os ensinos deportivos de grao superior e aqueloutras equivalentes que estableza o Goberno ou a Comunidade Autónoma”
 
Reconocimiento de créditos por otras actividades ((desplegable)
normativa tamén recolle que os/as estudantes poderán obter recoñecemento académico en créditos pola participación en actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación ata un máximo de 6 créditos do total de plan de estudos cursados. Estes créditos se detraerán do cómputo de créditos optativos a cursar polo alumno de acordo coa listaxe de convalidación de créditos de libre elección e ECTS da Universidade de Vigo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000