Código |
Descrición |
CE1 |
Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que podan plantexarse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra liñal, xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización |
CE2 |
Capacidade de visión espacial e coñecemento das técnicas de representación gráfica, tanto por métodos tradicionais de xeometría métrica e xeometría descritiva, como mediante as aplicacións de deseño asistido por computador. |
CE3 |
Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría |
CE4 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría. |
CE5 |
Capacidade para comprender e aplicar os principios de coñecementos básicos da química xeral, química orgánica e inorgánica e as súas aplicacións na enxeñaría. |
CE6 |
Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas. |
CE7 |
Capacidade para a resolución de ecuacións diferenciais ordinarias para a súa aplicación nos problemas de Enxeñaría. |
CE8 |
Comprensión dos conceptos de aleatoriedad dos fenómenos físicos, sociais e económicos, así como de incerteza. |
CE9 |
Coñecementos de cálculo numérico básico e aplicado á enxeñaría. |
CE10 |
Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica e da termodinámica e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñaría. Transferencia de calor e materia e máquinas térmicas. |
CE11 |
Capacidade para coñecer, comprender e utilizar os principios e tecnoloxía de materiais. |
CE12 |
Coñecemento de geotecnia e mecánica de solos e de rochas. |
CE13 |
Coñecemento de resistencia de materiais e teoría de estruturas. |
CE14 |
Coñecemento de topografía, fotogrametría e cartografía. |
CE15 |
Coñecemento dos principios de mecánica de fluídos e hidráulica. |
CE16 |
Coñecementos fundamentais sobre o sistema eléctrico de potencia: xeración de enerxía, rede de transporte, repartición e distribución, así como sobre tipos de liñas e condutores. Coñecemento da normativa sobre baixa e alta tensión. Coñecemento de electrónica básica e sistemas de control. |
CE17 |
Capacidade para aplicar metodoloxías de estudos e avaliacións de impacto ambiental e, en xeral, de tecnoloxías ambientais, sustentabilidade e tratamento de residuos. |
CE18 |
Coñecementos e capacidades para o cálculo, construción e deseño de máquinas |
CE19 |
Coñecemento da metodoloxía, xestión e organización de proxectos |
CE20 |
Obras e instalacións hidráulicas. Planificación e xestión de recursos hidráulicos. |
CE21 |
Coñecemento aplicado dos fundamentos dos sistemas e máquinas fluidomecánicas |
CE22 |
Coñecemento sobre sistemas eléctricos de potencia e as súas aplicacións. |
CE23 |
Capacidade para o deseño de centrais eléctricas. |
CE24 |
Capacidade para o deseño e xestión de procedementos de experimentación aplicada, especialmente para a determinación de propiedades termodinámicas e de transporte, e modelado de fenómenos e sistemas no ámbito da enxeñaría química, sistemas con fluxo de fluídos, transmisión de calor, operacións de transferencia de materia, cinética das reaccións químicas e reactores. |
CE25 |
Coñecementos sobre balances de materia e enerxía, biotecnoloxía, transferencia de materia, operacións de separación, enxeñaría da reacción química, deseño de reactores, e valoración e transformación de materias primas e recursos enerxéticos. |
CE26 |
Operacións básicas de procesos. |
CE27 |
Procesos de refino, petroquímicos e carboquímicos |
CE28 |
Enerxías alternativas e uso eficiente da enerxía |
CE29 |
Coñecementos aplicados de enxeñaría térmica. |
CE30 |
Coñecemento aplicado sobre enerxías renovables |
CE31 |
Loxística e distribución enerxética |
CE32 |
Aproveitamento, transformación e xestión dos recursos enerxéticos |
CE33 |
Industrias de xeración, transporte, transformación e xestión da enerxía eléctrica e térmica. |
CE34 |
Enxeñaría nuclear e protección radiolóxica |
CE35 |
Capacidade para aplicar os coñecementos de motores e máquinas térmicas aos problemas que poidan exporse na Enxeñaría. |
CE36 |
Capacidade para aplicar as Tecnoloxías Ambiental aos problemas que poidan exporse na Enxeñaría Térmica. |
CE37 |
Coñecementos básicos de xeología e morfoloxía doterreno e súa aplicación en problemas relacionados coa enxeñaría. Climatoloxía |
CE38 |
Op1 Coñecemento e capacidade de deseño de instalacións de baixa tensión. |
CE39 |
Op2 Capacidade de analizar o comportamento das instalacións dende o punto de vista da calidade de onda e da eficiencia. |
CE40 |
Op3 Posuir e comprender o coñecemento no campo da producción de frío. |
CE41 |
Op4 Capacidade para deseñar instalacións de frío e climatización. |
CE42 |
Op5 Aplicar os principios do aproveitamento das enerxías alternativas. |
CE43 |
Op6 Coñecer en detalle e ter capacidade para deseñar os principais sistemas de produción de enerxía de orixe renovable |
CE44 |
Op7 Coñecementos sobre o modelado e simulación de sistemas. |
CE45 |
Op8 Capacidade para a xestión de auditoras de instalacións de enerxía. |
CE46 |
Op9 Comprensión e dominio dos conceptos sobre aforro e eficiencia enerxética, así como xestión da mesma e a súa aplicación para a resolución dos problemas propios da enxeñaría enerxética |
CE47 |
Op10 Capacidade para a innovación no desenvolvemento de novas liñas, proxectos e produtos no campo da Enxeñaría enerxética. |
CE48 |
Op11 Capacidade para analizar o réxime económico de funcionamento dos sistemas de produción de enerxía eléctrica. Coñecer o mercado de enerxía eléctrica. |
CE49 |
Op12 Coñecemento e capacidade de aplicación da normativa relacionada coa eficiencia enerxética. |
CE50 |
Op13 Coñecer os sensores para medida de variables físicas. |
CE51 |
Op14 Capacidade para seleccionar e utilizar sistemas de adquisición de datos e instrumentación electrónica. |
CE52 |
Op15 Capacidade de planificación e xestión integral de obras, medicións, replanteos, control e seguimento. |
CE53 |
Op16 Extracción de materias primas de orixe mineral. |
CE54 |
Op17 Coñecementos aplicados de organización de empresas. |
CE55 |
Op18 Sistemas de produción e Fabricación Industrial. |
CE56 |
Op19 Deseño, planificación e dirección de explotacións mineiras. |
CT1 |
Capacidade de interrelacionar tódolos coñecementos adquiridos, interpretándoos como compoñentes dun corpo do saber cunha estrutura clara e unha forte coherencia interna. |
CT2 |
Capacidade de desenvolver un proxecto completo en calquera campo desta enxeñaría, combinando de forma adecuada os coñecementos adquiridos, accedendo ás fontes de información necesarias, realizando as consultas precisas e integrándose en equipos de traballo interdisciplinar. |
CT3 |
Propor e desenvolver solucións prácticas, utilizando os coñecementos teóricos, a fenómenos e situacións-problema da realidade cotiá propios da enxeñaría, desenvolvendo as estratexias adecuadas. |
CT4 |
Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais. |
CT5 |
Coñecer as fontes necesarias para dispor dunha actualización permanente e continua de toda a información precisa para desenvolver o seu labor, accedendo a todas as ferramentas, actuais e futuras, de procura de información e adaptándose aos cambios tecnolóxicos e sociais. |
CT6 |
Coñecer e manexar a lexislación aplicable ao sector, coñecer a contorna social e empresarial e saber relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de calquera dos aspectos do seu labor profesional. |
CT7 |
Capacidade para organizar, interpretar, asimilar, elaborar e xestionar toda a información necesaria para desenvolver o seu labor, manexando as ferramentas informáticas, matemáticas, físicas, etc. necesarias para iso. |
CT8 |
Concibir a enxeñaría nun marco de desenvolvemento sustentable con sensibilidade cara temas medioambientais. |
CT9 |
Entender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas da súa contorna. |
CT10 |
Tomar conciencia da necesidade dunha formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica do pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza ou relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc. |