Guia docente 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía electrónica
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Prácticas de laboratorio Mostrarase ao alumno algunhas montaxes prácticas ou simulacións sobre a materia tratada que poñan de manifesto as características técnicas das montaxes realizadas, así como a forma de realizar medidas nos mesmos mediante sensores e a instrumentación do laboratorio.
Estudo de casos/análises de situacións Realizarase o estudo e análise dun caso concreto relacionado con cada un dos temas da materia. Estas análises estarán orientados cara á eficiencia enerxética.
Traballo tutelado Este tempo dedícase á realización de traballos individuais e en grupo, que estean relacionados co contido da materia.
Traballos de aula Serán traballos concretos expostos polo profesor para que o alumno analice as caractertísticas técnicas de sistemas comerciais relacionados con cada un dos temas da materia
Lección maxistral Desenvolveranse nos horarios fixados pola dirección do centro. Consisten nunha exposición, por parte do profesor, dos contidos da materia. Tamén se procederá a mostrar exemplos e solucións técnicas que ilustren adecuadamente a problemática a tratar. O alumno poderá expor todas as dúbidas e preguntas que considere oportuno, durante a sesión. Propiciarase unha participación o máis activa posible do alumno.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000