Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Enxeñaría de sistemas e control
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da preparación previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta ponderación na nota total. 25
Informes/memorias de prácticas As memorias das prácticas seleccionadas avaliaranse entre 0 e 10 puntos, tendo en conta o reflexo adecuado dos resultados obtidos na execución da práctica, a sua organización e calidade de presentación. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final dos contidos da materia, que poderá incluir problemas e exercicios, con unha puntuación entre 0 e 10 puntos. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuadrimestre, sendo a asistencia as mesmas de carácter obrigatorio. No caso de non superala, realizarase un exame de prácticas na segunda convocatoria.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente á Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas nas dúas convocatorias.

- Deberanse superar ambas as partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar as dúas ou algunha das partes, poderase aplicar un escalado ás notas parciais de xeito que a nota total non supere o 4.5.

- No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo mesmo.

- Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase examinar das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

Calendario de exames:

- fin de Carreira: 09:00 – 21/10/2014

- convocatoria ordinaria 1º período: 10:00 – 16/01/2015

- convocatoria ordinaria 2º período: 10:00 – 07/07/2015

Esta información pode verificarse/consultarse
de forma actualizada na páxina web do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000