Guia docente 2013_14
E. T. S. de Ingeniería de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Enxeñaría de sistemas e control
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Avaliarase cada práctica de laboratorio entre 0 e 10 puntos, en función do cumprimento dos obxectivos fixados no enunciado da mesma e da preparación previa e a actitude do alumnado. Cada práctica poderá ter distinta ponderación na nota total. 25
Informes/memorias de prácticas As memorias das prácticas seleccionadas avaliaranse entre 0 e 10 puntos, tendo en conta o reflexo adecuado dos resultados obtidos na execución da práctica, a sua organización e calidade de presentación. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Exame final dos contidos da materia, que poderá incluir problemas e exercicios, con unha puntuación entre 0 e 10 puntos. 70
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

- Realizarase unha Avaliación Continua do traballo do alumnado nas prácticas ao longo das sesións de laboratorio establecidas no cuatrimestre. No caso de non superala, realizarase un exame de practicas na segunda convocatoria.

- A avaliación das prácticas para o alumnado que renuncie oficialmente a Avaliación Continua, realizarase nun exame de prácticas nas dúas convocatorias.

- Deberanse superar ambas as partes (proba escrita e prácticas) para aprobar a materia, obténdose a nota total segundo a porcentaxe indicada máis arriba. No caso de non superar as dúas ou algunha das partes, poderase aplicar un escalado ás notas parciais de xeito que a nota total non supere o 4.5.

- No exame final poderase establecer unha puntuación mínima nun conxunto de cuestións para superalo mesmo.

- Na segunda convocatoria do mesmo curso o alumnado deberase examinar das partes non superadas na primeira convocatoria, cos mesmos criterios daquela.

As datas dos
exámes, aprobadas en Xunta de Escola o 19 de Xuño de 2013 serán:

  • 1º período: 17/12/2013 as10h
    Aula M-107
  • 2º período: 08/07/2014 a las 16h Aula
    M-212

 Esta
información pode verificarse/consultarse de forma actualizada na páxina web do  centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000