Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Tecnoloxía de combustibles alternativos
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Lección maxistral Exposición en clase dos conceptos e procedementos crave para a aprendizaxe dos contidos do temario. Empregarase apoio multimedia
Seminario Resolución de casos e exercicios coa axuda do profesor e de forma autónoma.
Traballo tutelado Realizaranse traballos ao longo do cuadrimestre, que se exporán en clase e/ou se entregaran na plataforma TEMA.
Prácticas de laboratorio Aplicación dos principais coñecementos adquiridos empregando equipos e medios dispoñibles no laboratorio.
Realizaranse cinco prácticas:
1.- Obtención de biodiésel por transesterificación.
2.- Determinación dalgunhas propiedades do biodiésel.
3.- Obtención de bioetanol a partir de residuos agroindustriais.
4.- Determinación dalgunhas propiedades do bioetanol.
5.- Obtención de hidróxeno electrólítico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000