Os traballos tutelados conforman unha parte da avaliación continua da materia. A máxima puntuación que se pode obter con eles é do 15%, quedando o exame final (85%) exento deste temario. Aqueles alumnos que renuncien á avaliación continua teñen dereito a un exame final coa puntuación do 100%, cuxo contido virá determinado polo temario das sesións maxistrais (teoría), a resolución de problemas (prácticas) e unha proba sobre o contido das memorias dos traballos tutelados dos seus compañeiros. Así mesmo, para os alumnos de avaliación continua realizaranse unha serie de probas parciais que serven para liberar de contido o exame final. O alumno que supere todos os tests parciais non terá que presentarse á convocatoria común (exame final). Aqueles alumnos que suspendan algún do test, poderán recuperar só esa parte na convocatoria común (2º período). De non conseguilo, deberán presentarse á convocatoria común (Xullo) coa materia completa.
A nota do traballo de grupo só se sumará á nota global unha vez superado o exame final ou os parciais correspondentes.
Para ser considerado alumno de avaliación continua é necesario entregar cuberta e con fotografía a ficha de alumno antes do primeiro parcial. Calendario de exames:
- Convocatoria Fin de Carreira: 23/09/2016
- Convocatoria ordinaria 2º período: 18/05/2017
- Convocatoria extraordinaria Xullo: 07/07/2017
Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na
páxina web do centro:
http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?ide=57 |