Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Xeración e distribución de enerxía térmica convencional e renovable
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Debates O debate consistirá nunha parte de exposición, de preguntas ao equipo contrario e de réplica, que será avaliado ao final polo profesor e o resto de alumnos que non participan no debate ao 50% e 50% respectivamente. Preténdese así que os asistentes sexan tamén participes e actvios nestes debates. 20
Traballos tutelados O traballo individual presentarase por escrito e avaliarase de acordo ao establecido na fase de titorización. A parte do traballo en grupo será avaliado nun debate en presenza de toda a clase. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Os contidos teóricos e exemplos así como os problemas e exercicios que se realizarán tanto nos grupos A como grupos tipo B, avaliaranse mediante un exame escrito que terá unha parte de teoría con preguntas breves e/ou desenvolvemento, mais unha parte de problemas que constituirá a parte principal da nota deste exame. 40-50
Sesión maxistral Os contidos teóricos e exemplos así como os problemas e exercicios que se realizarán tanto nos grupos A como grupos tipo B, avaliaranse mediante un exame escrito que terá unha parte de teoría con preguntas breves e/ou desenvolvemento, mais unha parte de problemas que constituirá a parte principal da nota deste exame.
Poderanse realizar tamén exames parciais previos ao exame final.
20-30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En segundas convocatorias gardarase a parte da nota obtida en traballo individual e do traballo de grupo (froito da calificacion do debate).
Se o alumno desexa mellorar algunha destas cualificacións parciais deberá:
1.- Entregar un novo traballo individual para a parte correspondente ao traballo tutelado.
2.- Un traballo de análise sectorial equivalente ao traballo realizado en grupo, ou de preferir realizar un exame escrito do mesmo.

As datas dos exames serán as aprobadas en Xunta de Escola.

Calendario de exames:

- fin de carreira: 16:00 – 14/10/2014

- convocatoria ordinaria 1º período: 16:00 – 15/01/2015

- convocatoria ordinaria 2º período: 16:00 – 30/06/2015

Esta información
pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web
do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000