Aqueles alumnos que non participen na avaliación continua, poderanse presentar a un exame final de todos os temas da materia na mesma data que a do exame final da avaliación continua. Nesta outra modalidade serán avaliados de 0 a 10 puntos. No día do exame de recuperación, fixado pola Xunta de Escola (que pode ser consultado na páxina web do Centro), os alumnos que elixiron avaliación continua, poden optar a un exame que representa o 70% da nota. En caso de non haber elixido esta opción, o exame de recuperación será de todos os temas da materia, e será avaliado de 0 a 10 puntos. Finalmente, un alumno considerarase non presentado se non se presenta a ningunha das probas ou exames da materia. En caso contrario considérase presentado e polo tanto recibirá a nota que lle corresponda. Calendario de exames: - fin de Carreira: 18:00 – 22/10/2014 - convocatoria ordinaria 1º período: 16:00 – 14/05/2015 - convocatoria ordinaria 2º período: 16:00 – 08/07/2015 Esta información pode verificarse/consultarse
de forma actualizada na páxina web do centro: http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?id=57,0,0,1,0,0
|