Resolución de problemas e/ou exercicios |
A avaliación será preferentemente continua. O alumno, nas primeiras semanas de clase, entregará ó profesorado da materia un formulario para inscribirse neste tipo de avaliación. Unha vez expresado o seu desexo por escrito de non participar, xa non poderá darse de alta da avaliación continua. A avaliación continua consta das probas que se detallan a continuación e nas que o alumno resolverá, ao longo das 10 prácticas de laboratorio, problemas e exercicios dos temas que se indican nos seguintes puntos:
* Catro sesións de problemas dunha hora:
Primeira sesión: Tema 1 (práctica da semana 2)
Segunda sesión: Tema 3 (práctica da semana 5)
Terceira sesión: Tema 4 (práctica da semana 7)
Cuarta sesión: Tema 5 (práctica da semana 9)
* Duas sesións de laboratorio de media hora:
Primeira sesión: Tema 2 (práctica da semana 3)
Segunda sesión: Tema 6 (práctica da semana 10)
Estas seis probas suman un 30% da nota tendo cada unha un peso dun 5%. |
30 |
Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Esta proba é o exame final da avaliación continua, que se realizará unha vez rematadas as clases, cun peso do 70% da nota. |
70 |