Guia docente 2011_12
E.T.S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Física: Física II
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2011_12
Materia Física: Física II Código V09G290V01202
Titulacion
Grao en Enxeñaría da Enerxía
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 2c
Lingua impartición
Castelán
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
Vijande Lopez, Javier
Correo-e jvijande@uvigo.es
Profesorado
Lugo Latas, Luis
Martinez Piñeiro, Manuel
Míguez Díaz, José Manuel
Vijande Lopez, Javier
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral Física 2 é unha materia troncal básica e fundamental que consta de 6ECTs e que ten unha función clara de ponte que adecúa os coñecementos en Física cos que teoricamente o alumnado accede á ETS de Enxeñeiros de Minas. Así mesmo os contidos da materia, equilibrados en canto aos aspectos teóricos e prácticos, serven de enfoque e referente para boa parte das materias científico-tecnolóxicas da Titulación. Algúns dos créditos da materia abordan contidos máis específicos necesarios para proporcionar unha base ampla de coñecementos que permita o desenvolvemento apropiado nun mundo actual altamente tecnificado, facilitando a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo das enxeñarías e cun enfoque concreto para os titulados da ETS de Enxeñeiros de Minas. Esta materia ten como competencia específica a comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da Óptica e do Electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. Entre os resultados esperados da aprendizaxe pódense destacar:

• Comprender os aspectos básicos da Óptica e do Electromagnetismo.
• Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Óptica e do Electromagnetismo.
• Desenrolar solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Óptica e do Electromagnetismo.
• Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse criticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Óptica e do Electromagnetismo.
• Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000