Educational guide 2017_18
Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Empresa: Dirección e xestión
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Avalíanse os contidos teóricos impartidos na aula.

Avalíanse todos os Resultados de aprendizaxe da materia
10 C6
D1
D3
D4
D5
D7
D10
Resolución de problemas Avaliarase a resolución de casos prácticos ou problemas baseados na teoría.

Avalíanse todos os Resultados de aprendizaxe da materia
90 C6
D1
D3
D4
D5
D7
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. Seguindo as directrices propias da titulación ofrecerase aos
alumnos que cursen esta materia un sistema de avaliación continua.

A
avaliación continua constará dun conxunto de probas planificadas e
desenvolvidas ao longo do curso, tanto nas clases de teoría como nas de
prácticas, que se completará cunha proba final que cubrirá total ou
parcialmente a materia. O peso das tarefas avaliables na cualificación
final será dun 50% para os alumnos que obteñan a máxima cualificación en
ditas tarefas. Estas tarefas non son recuperables, é dicir, se un
alumno non pode cumprilas no prazo estipulado o profesor non ten
obrigación de repetirllas.

O estudante ten dereito a coñecer a
cualificación obtida en cada tarefa nun prazo razoable tras a súa
realización ou entrega. A cualificación obtida nas tarefas avaliables
será válida tan só para o curso académico no que se realicen.

2.
Para superar a avaliación continua o alumno deberá superar as probas
realizadas, haber entregado as tarefas propias da materia e realizar as
prácticas da materia. Os alumnos que non superen a avaliación continua
terán que ir ao exame final coa totalidade da materia.

Os
alumnos que superasen as probas da avaliación continua terán que
realizar unha proba final reducida que suporá un 50% da nota que se
sumará á nota obtida na avaliación continua (o 50% restante).

Os
alumnos que non realizasen as probas de avaliación continua ou non as
superaron terán que realizar unha proba total de toda a materia. Nesta
proba avaliaranse todos os contidos desenvolvidos na materia (clases
teóricas, prácticas de laboratorio e traballo).

3.
Sobre a convocatoria extraordinaria de Xullo: O alumno que non aprobase a
materia elixe se desexa ser reevaluado completamente sobre a máxima
nota posible ou se se lle aplica o procedemento de avaliación estipulado
na materia mantendo a nota obtida nas tarefas previas. Por defecto, ao
alumno gárdanselle os resultados das probas realizadas (sempre que
alcanzase o mínimo exixido para superalas) podendo optar no momento do
exame pola realización íntegra do mesmo.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 22/09/2017

- Convocatoria ordinaria 2º período: 15/05/2018

- Convocatoria extraordinaria xullo: 29/06/2018

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro:

http://minasyenergia.uvigo.es/gl/docencia/exames

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000