Probas parciais. Ao longo do curso realizaranse tres probas parciais con carácter eliminatorio respecto das convocatorias oficiais, Cada unha delas cun peso relativo do 10%, 20% e 30% respectivamente, na cualificación final . No exame final avaliaranse os temas non incluídos nos parciais anteriores (cun peso do 30%) e os que non se superaron previamente. Cada parcial constará dunha parte con preguntas de resposta curta e outra para a resolución de problemas ou exercicios cun peso respectivo do 50%. Para aprobar estes parciais será necesario alcanzar, polo menos, un 45% da cualificación en cada unha das partes. Exame final convocatoria ordinaria: Os alumnos deberán resolver a parte correspondente aos contidos non avaliados nos parciais e, no seu caso, os contidos non superados nos parciais . Primeira edición da acta. Será a suma de todas as cualificacións obtidas en todas as probas superadas, xunto coa do traballo de laboratorio. Cando esta suma sexa inferior a 5,0, reflectirase unicamente a suma das cualificacións inferiores a 5,0 das probas escritas. Manteranse as cualificacións do traballo de laboratorio e dos parciais aprobados previamente. Exame final convocatoria extraordinaria de Xullo: O alumno deberá examinarse dos contidos non superados previamente. Segunda edición da acta. Á cualificación obtida na segunda convocatoria, sumaráselle a do traballo de laboratorio e a dos parciais aprobados previamente. Calendario
de exames: -
Convocatoria Fin de Carreira: 09/10/2016 -
Convocatoria ordinaria 1º período: 13/01/2016 -
Convocatoria extraordinaria xullo: 23/06/2016 Esta información
pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web do centro: http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?ide=57 |