Guia docente 2015_16
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Química: Química
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas de resposta curta Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas directas sobre aspectos concretos. Os alumnos deben responder de maneira directa e breve en base aos coñecementos adquiridos sobre a materia.
Resultados de aprendizaxe: Os alumnos serán capaces de comprender os aspectos básicos da química e de avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química.
30 C5
D3
D5
D10
Informes/memorias de prácticas Elaboración dun documento por parte do alumno no que se reflicten as características do traballo levado a cabo. Os alumnos deben describir as tarefas e procedementos desenvolvidos, mostrar os resultados obtidos ou observacións realizadas, así como a análise e tratamento de datos.
Resultados de aprendizaxe: Os alumnos serán capaces de comprender que o coñecemento científico interacciona coa tecnoloxía e de avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química.
10 D3
D4
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba na que o alumno debe solucionar unha serie de problemas e/ou exercicios nun tempo/condiciones establecido/as polo profesor. Desta maneira, o alumno debe aplicar os coñecementos que adquiriu.
Resultados de aprendizaxe: Os alumnos serán capaces de comprender os aspectos básicos da química, serán capaces de comprender que o coñecemento científico interacciona coa tecnoloxía e de avaliar a información procedente de diferentes fontes para formarse unha opinión propia que lles permita expresarse críticamente sobre problemas tecnolóxicos relacionados coa química.
30 C5
D3
D4
D5
Probas de autoavaliación Probas nas que o alumno valora os seus logros en función dos obxectivos propostos e determina os factores que poden influír na súa actuación. 30 C5
D10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Cualificación final: A cualificación final relativa aos tres controles ou probas de autoevaluación (30% do total) realizados ao longo do curso, será a media aritmética das tres cualificacións; a cualificación dos exames finais (60% do total) será a media aritmética da parte correspondente a preguntas tipo test ou de resposta curta (30%) e da parte correspondente á resolución de exercicios (30%). A cualificación do traballo de laboratorio terá en conta, tanto as memorias presentadas polo alumno como a actitude e o traballo realizado no laboratorio.

Primeira edición da acta. Será a suma de todas as cualificacións obtidas en todas as probas realizadas. Cando esta suma sexa inferior a 5,0, e o estudante realizase algunha proba de autoevaluación ou práctica de laboratorio, aparecerá unicamente a suma obtida nestas actividades..

Segunda edición da acta. Manterase a cualificación da primeira edición da acta, á que se sumará a nova cualificación obtida na segunda convocatoria.

Calendario de exames:

- Convocatoria Fin de Carreira: 16:00 – 09/10/2015

- Convocatoria ordinaria 1º período: 16:00 – 15/01/2016

- Convocatoria extraordinaria xullo: 16:00 – 14/06/2016

Esta información pódese verificar/consultar de forma actualizada na
páxina web do centro:

http://etseminas.webs.uvigo.es/cms/index.php?id=181


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000