Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Física: Física I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exame escrito de 12 cuestións de resposta curta. 35
Resolución de problemas e/ou exercicios Exame escrito de 3 exercicios. 35
Prácticas de laboratorio Memoria de Laboratorio 15
Seminarios Memoria de Traballo 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Con obxecto de facilitar unha avaliación continua durante o cuadrimestre faranse exames parciais voluntarios (con contidos das sesións maxistrais e das de resolución de exercicios) que de ser aprobadas liberan os contidos correspondentes no exame final escrito de primeira convocatoria. Outras probas voluntarias de teoría ou de problemas incrementan soamente a nota final se se alcanza un mínimo de 3.5 nos exames escritos. A asistencia ás sesións de Grupos B e Grupos C é obrigatoria, por tanto a cualificación obtida na Memoria de Traballo de Seminario e na Memoria de Prácticas de Laboratorio pondérase de acordo coa asistencia.

Na segunda convocatoria o exame escrito consta de 3 exercicios e 9 cuestións de resposta curta.

Calendario de exames:

- fin de Carreira: 16:00 – 06/10/2014

- convocatoria ordinaria 1º período: 16:00 – 16/01/2015

- convocatoria ordinaria 2º período: 16:00 – 22/06/2015

Esta información
pódese verificar/consultar de forma actualizada na páxina web
do centro:

http://webs.uvigo.es/etseminas/cms/index.php?ide=181,0,0,1,0,0

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000