Guia docente 2014_15
E. T. S. de Enxeñaría de Minas
Grao en Enxeñaría da Enerxía
 Materias
  Física: Física I
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2014_15
Materia Física: Física I Código V09G290V01102
Titulacion
Grao en Enxeñaría da Enerxía
Descriptores Cr.totais Carácter Curso Cuadrimestre
6 FB 1 1c
Lingua impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Departamento Física aplicada
Coordinador/a
Vázquez Dorrio, José Benito
Correo-e bvazquez@uvigo.es
Profesorado
Martínez Piñeiro, Manuel
Sánchez Vázquez, Pablo Breogán
Vázquez Dorrio, José Benito
Vijande López, Javier
Web http://faitic.uvigo.es/
Descrición xeral Física 1 é unha materia troncal básica e fundamental que consta de 6ECTs e que ten unha función clara de ponte que adecúa os coñecementos en Física cos que teoricamente o alumnado accede á ETS de Enxeñeiros de Minas. Así mesmo os contidos da materia, equilibrados en canto aos aspectos teóricos e prácticos, serven de enfoque e referente para boa parte das materias científico-tecnolóxicas da Titulación. Algún dos créditos da materia abordan contidos máis específicos necesarios para proporcionar unha base ampla de coñecementos que permita o desenvolvemento apropiado nun mundo actual altamente tecnificado, facilitando a adquisición posterior das necesarias destrezas e habilidades teórico-prácticas relacionadas coas actuacións profesionais cun enfoque global dentro do campo das enxeñarías e cun enfoque concreto para os titulados da ETS de Enxeñaría de Minas. Esta materia ten como competencia específica a comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da Mecánica e as Ondas e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñería. Entre os resultados esperados da aprendizaxe pódense destacar:

-Comprender os aspectos básicos da Mecánica e as Ondas.
-Coñecer os fundamentos do proceso experimental utilizado cando se traballa coa Mecánica e as Ondas.
-Desenvolver solucións prácticas a fenómenos e situacións - problema da realidade cotiá en xeral e en particular os propios da Mecánica e as Ondas.
-Saber avaliar informacións procedentes de distintas fontes para formarse una opinión propia que lles permita expresarse criticamente sobre problemas científicos e tecnolóxicos actuais relacionados coa Mecánica e as Ondas.
-Comprender que o coñecemento científico xurde dun proceso de elaboración en interacción coa tecnoloxía e unido ás características e necesidades da Sociedade en cada momento histórico
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000