Sinale A
|
Código |
Resultados de Formación e Aprendizaxe |
Sinale B
|
Código |
Coñecementos |
|
B1 |
Comprender os múltiples condicionamentos de carácter técnico, legal e da propiedade que se expoñen no proxecto dunha planta ou instalación, e establecer diferentes alternativas válidas, elixir a óptima e plasmala adecuadamente, prevendo os problemas do seu desenvolvemento, e empregando os métodos e tecnoloxías máis adecuadas, tanto tradicionais como innovadoras, coa finalidade de conseguir a maior eficacia e favorecer o progreso e un desenvolvemento da sociedade sostible e respectuoso co medio ambiente. |
|
B2 |
Coñecer, comprender e aplicar la lexislación necesaria no exercicio da profesión de Enxeñeiro/a de Minas. |
|
B3 |
Coñecer a profesión de Enxeñeiro/a de Minas e das actividades que se poden realizar no ámbito da mesma. |
|
B4 |
Coñecemento para aplicar as capacidades técnicas e xestoras de actividades de I+D+i dentro do seu ámbito. |
|
B5 |
Coñecer os aspectos científicos e tecnolóxicos de métodos matemáticos, analíticos e numéricos da enxeñaría, mecánica de fluídos, mecánica de medios continuos, cálculo de estruturas, carboquímica, petroquímica e xeotecnia. |
|
B6 |
Resolver problemas matemáticos avanzados de enxeñaría, desde a formulación do problema ata o desenvolvemento da formulación e a súa implementación nun programa de ordenador. Formular, programar e aplicar modelos analíticos e numéricos avanzados de cálculo, proxecto, planificación e xestión, así como interpretar os resultados obtidos, no contexto da Enxeñaría de Minas. |
|
B7 |
Coñecer os aspectos científicos e tecnolóxicos de mecánica de fluídos, mecánica de medios continuos, cálculo de estruturas, xeotecnia, carboquímica e petroquímica. |
|
B8 |
Coñecer a avaliación de proxectos e análise de riscos, aspectos relativos á dirección, organización e mantemento, economía e xestión de empresas, calidade, lexislación do medio natural e xestión do coñecemento. |
|
B9 |
Coñecer os aspectos relativos a modelización, avaliación e xestión de recursos xeolóxicos, incluídas as augas subterráneas, minerais e termais. |
|
B10 |
Coñecer os sistemas de control e automatismo |
Sinale C
|
Código |
Habilidades |
|
C1 |
Deseñar, planificar e dirixir tecnicamente actividades de exploración, investigación, modelización e avaliación de xacementos de recursos xeolóxicos |
|
C2 |
Planificar, proxectar, inspeccionar e dirixir explotacións de xacementos e outros recursos xeolóxicos. |
|
C3 |
Planificar e xestionar recursos enerxéticos, incluíndo xeración, transporte, distribución e utilización. |
|
C4 |
Realizar estudos de xestión do territorio e espazos subterráneos, incluíndo a construción de túneles e outras infraestruturas subterráneas. |
|
C5 |
Planificar, deseñar e xestionar instalacións de beneficio de recursos minerais e plantas metalúrxicas, siderúrxicas e industrias de materiais de construción. |
|
C6 |
Planificar, realizar estudos e deseñar captacións de augas subterráneas, así como a súa xestión, exploración, investigación e explotación, incluíndo as augas minerais e termais. |
|
C7 |
Proxectar e executar instalacións de transporte, distribución e almacenamento de sólidos, líquidos e gases. |
|
C8 |
Avaliar e xestionar ambientalmente proxectos, plantas ou instalacións. |
|
C9 |
Proxectar e executar tratamentos de augas e xestión de residuos (urbanos, industriais ou perigosos). |
|
C10 |
Proxectar e executar túneles, obras e espazos subterráneos. |
|
C11 |
Proxectar, xestionar e dirixir a fabricación, transporte, almacenamento, manipulación e uso de explosivos e pirotecnia. |
|
C12 |
Aplicar as técnicas de xestión empresarial e lexislación laboral. |
|
C13 |
Planificar, deseñar e xestionar plantas e instalacións de materiais metálicos, cerámicos, sinterizados, refractarios e outros. |
|
C14 |
Coñecer a tecnoloxía de explotación de recursos minerais. |
|
C15 |
Planificar, deseñar e xestionar instalacións de tratamentos de recursos minerais, plantas metalúrxicas, siderúrxicas e industrias de materiais de construción, incluíndo materiais metálicos, cerámicos, sinterizados, refractarios e outros. |
Sinale D
|
Código |
Competencias |
|
D1 |
Ser capaz de abordar a reciclaxe continua de coñecementos e o exercicio das funcións profesionais de asesoría, análise, deseño, cálculo, proxecto, planificación, dirección, xestión, construción, mantemento, conservación e explotación nos seus campos de actividade. |
|
D2 |
Realizar, presentar e defender, unha vez obtidos todos os créditos do plan de estudos, dun traballo realizado individualmente ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto integral de Enxeñaría de Minas de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas no ensino. |
|
D3 |
Avaliar e seleccionar a teoría científica adecuada e a metodoloxía precisa dos seus campos de estudo para formular xuízos a partir de información incompleta ou limitada incluíndo, cando sexa preciso e pertinente, unha reflexión sobre a responsabilidade social ou ética ligada á solución que se propoña en cada caso. |
|
D4 |
Predicir e controlar a evolución de situacións complexas mediante o desenvolvemento de novas e innovadoras metodoloxías de traballo adaptadas ao ámbito científico/investigador, tecnolóxico ou profesional concreto, en xeral multidisciplinar, no que se desenvolva a súa actividade. |
|
D5 |
Transmitir dun modo claro e en ambigüidades a un público especializado ou non, resultados procedentes da investigación científica e tecnolóxica ou do ámbito da innovación máis avanzada, así como os fundamentos máis relevantes sobre os que se sustentan. |
|
D6 |
Desenvolver a autonomía suficiente para participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas dentro do seu ámbito temático, en contextos interdisciplinarios e, no seu caso, cun alto compoñente de transferencia de coñecemento. |
|
D7 |
Asumir a responsabilidade do seu propio desenvolvemento profesional e da súa especialización nun ou máis campos de estudo. |
|
D8 |
Concibir a Enxeñaría de Minas nun marco de desenvolvemento sostible. |
|
D9 |
Tomar conciencia da necesidade duna formación e mellora continua de calidade, desenvolvendo valores propios da dinámica de pensamento científico, mostrando unha actitude flexible, aberta e ética ante opinións ou situacións diversas, en particular en materia de non discriminación por sexo, raza o relixión, respecto aos dereitos fundamentais, accesibilidade, etc. |
|
D10 |
Comprender a transcendencia dos aspectos relacionados coa seguridade e saber transmitir esta sensibilidade ás persoas do seu entorno. |
|
D11 |
Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais. |
|
D12 |
Aplicar a lexislación vixente do sector, identificar os elementos clave do entorno social e empresarial do sector e relacionarse coa administración competente integrando este coñecemento na elaboración de proxectos de enxeñaría e no desenvolvemento de calquera dos aspectos da súa labor profesional. |
|
D13 |
Adquirir coñecementos avanzados e demostrar, nun contexto de investigación científica e tecnolóxica ou altamente especializado, unha comprensión detallada e fundamentada dos aspectos teóricos e prácticos e da metodoloxía de traballo nun ou máis campos de estudo. |
|
D14 |
Saber aplicar e integrar os seus coñecementos, a comprensión de aspectos teóricos e prácticos, a súa fundamentación científica e as súas capacidades de resolución de problemas en contornas novas e definidas de forma imprecisa, incluíndo contextos de carácter multidisciplinar tanto investigadores como profesionais altamente especializados. |
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000
|
|