Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Dereito de Empresa
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Competencias
Código Descrición
A2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
A5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun xeito que terá que ser, en grande medida, autodirixido e autónomo.
B1 Capacidade de aprender de forma autónoma.
B2 Capacidade de resolver problemas de forma efectiva.
B3 Capacidade de argumentar e rebatir ideas, aplicando un pensamento crítico e lóxico.
B4 Capacidade de traballar de forma autónoma con iniciativa.
C38 Saber utilizar e manexar as fontes legais, doutrinais e xurisprudenciais para a elaboración dun traballo de investigación específico.
C39 Saber expoñer de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas.
D1 Capacidade de xestión da información.
D3 Capacidade para resolver os problemas xurídicos que surxen no ámbito do Dereito de Empresa.
D4 Integrar coñecementos e formular xuízos referidos ao Dereito empresarial.
D5 Capacidade para afrontar desde un punto de vista xurídico as diferentes problemáticas vinculadas ás empresas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000