Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Dereito de Empresa
 Materias
  Prácticas Externas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Prácticas externas Evaluación continua a partir de informes do titor profesional respetando o disposto no Real Decreto 592/2014 polo que se regulan as prácticas académicas externas dos estudiantes universitarios 80 A3
B2
B4
Informes/memorias de prácticas externas ou prácticum Memoria obrigatoria do alumno do centro de prácticas, as tarefas realizadas e a súa aprendizaxe. 20 B4
C38
C39
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Dereitos e deberes dos estudantes en
prácticas

Durante a realización das prácticas externas, os estudantes terán os seguintes dereitos:

a) Á tutela, durante o período de duración da correspondente práctica, por a
persoa encargada da coordinación das prácticas.

b)
Á avaliación de acordo cos criterios establecidos pola Universidade.

c) Á obtención dun informe por parte da entidade colaboradora onde realizou
as
prácticas, con mención expresa da actividade desenvolvida, a súa duración
e,
no seu caso, o seu rendemento.

d) A percibir, nos casos en que así estivese estipulado,
a aportación económica

e) Á propiedade
intelectual e industrial nos termos establecidos na lexislación reguladora da materia.

f) A recibir, por parte da entidade colaboradora, información da normativa de
seguridade e prevención de riscos laborais.

g) A cumprir coa súa actividade académica, formativa e de representación e
participación, previa comunicación
con
antelación suficiente á entidade
colaboradora.

Así mesmo, durante a realización das prácticas académicas externas os  estudantes deberán atender ao
cumprimento dos seguintes deberes:

h) Cumprir a normativa vixente relativa a prácticas externas establecida  pola Universidade.

i) Coñecer e cumprir o  Proxecto
 Formativo  das
 prácticas
 seguindo  as indicacións do titor asignado pola entidade colaboradora baixo a supervisión do titor académico da Universidade.

j) Manter contacto co coordinador/a académico/a da Universidade durante o desenvolvemento da práctica e comunicarlle calquera
 incidencia  que  poida xurdir
 no
 mesmo,  así
 como
 facer
 entrega  dos
 documentos
 e
 informes  de seguimento intermedio e a memoria final que lle sexan
requiridos.

k) Incorporarse á entidade colaboradora de que
se
trate
na
data acordada, cumprir o horario previsto no proxecto educativo e respectar  as  normas de funcionamento, seguridade e prevención de riscos laborais da mesma.

f) Desenvolver o Proxecto Formativo e cumprir con dilixencia as actividades
acordadas coa entidade colaboradora conforme ás liñas establecidas no mesmo.

f) Elaboración da memoria final das prácticas, prevista nesta normativa e, no seu caso, do informe intermedio.

g) Gardar confidencialidade en relación coa información interna da entidade colaboradora e gardar segredo profesional sobre as súas
actividades, durante a súa estancia e finalizada esta.

h) Mostrar, en todo momento, unha actitude respectuosa cara a política  da entidade colaboradora, salvagardando o bo nome da Universidade de Vigo.

i) Calquera outro deber previsto na normativa vixente e/ou nos correspondentes Convenios de Cooperación Educativa subscritos pola
 Universidade e, no seu caso,
 a
 entidade  xestora  de  prácticas
 vinculada 
 á   mesma,
 coa  entidade colaboradora.

Avaliación das prácticas

A avaliación das prácticas será levada a cabo polo titor/a académico/a asignado ao alumno. Para poder ser avaliado positivamente é necesario:

a) Non faltar inxustificadamente a máis dun 10% das horas que conforman a práctica.

b) Que a cualificación global que figure
no Informe de Seguimento emitido polo titor/a da entidade externa sexa igual ou superior a cinco puntos sobre
dez.

c) Entregar ao titor/a académico/a no prazo de quince días naturais a contar desde o día en que conclúen as prácticas, a Memoria de Prácticas
 Externas, axustándose
ao modelo incorporado ao Anexo I da presente normativa.

O titor/a académico/a elaborará un Informe de Valoración Final
no que determinará a cualificación
final. Para iso terá en conta de forma prioritaria o Informe de Seguimento remitido polo titor/a da institución colaboradora e a Memoria presentada polo alumno/a, pero poderá valorar
tamén o interese demostrado polo estudante, as titorías
académicas levadas a cabo en relación coa práctica, así como calquera outro factor do que
se deduza un bo resultado na aprendizaxe.

En  función
 de
 todos  estes
 factores,
 se
 a
 cualificación
 obtida  no  Informe
 de Seguimento do titor/a da entidade colaboradora é igual ou superior a cinco, o
 titor/a académico/a poderá incrementar a cualificación do alumno até en dous puntos e medio, sen que a cualificación final poida superar os dez puntos. Pola contra, o
 titor/a non poderá rebaixar a nota asignada ao alumno/a no Informe de Seguimento emitido polo titor da institución colaboradora.

No caso de que o estudante non reúna algún dos tres requisitos enumerados
 nos apartados a), b)
e c) deste precepto, recibirá a cualificación de
“Suspenso”.

 

Os alumnos deberán
asistir ás actividades que lles indiquen os coordinadores da materia e que se
computarán coma horas de docencia.

 

 

Segunda
convocatoria:

Rexerase polas mesmas normas e criterios
da primeira convocatoria.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000