Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Dereito de Empresa
 Materias
  Contratación do Sector Público
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Proba teórico-práctica final, que representa o 50% da nota, orientada a verificar a adquisición de destrezas e competencias polos alumnos. 50 A1
A4
A5
B2
B3
B6
C14
C15
C16
C17
D1
D2
D3
Estudo de casos/análises de situacións Proporase aos estudantes a realización do estudo de textos e resolución de supostos prácticos. Como sistema de avaliación continua, valorarase unicamente a participación activa do estudante nas devanditas actividades, o que representará o 50% da súa cualificación final 50 A1
A4
A5
B2
B3
B6
C14
C15
C16
C17
D1
D2
D3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Primeira convocatoria:
Para seguir o sistema de avaliación continua será necesario asistir ao 90% das sesións presenciais. No exame final terase que alcanzar a cualificación mínima de 3 puntos (sobre 5).

Os alumnos deberán asistir ás actividades que lles indiquen os coordinadores da materia e que se computarán coma horas de docencia.

Segunda convocatoria:
Rexerase polas mesmas normas e criterios da primeira convocatoria.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000