Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Dereito de Empresa
 Materias
  Dereito Marítimo
Guía Materia
DATOS IDENTIFICATIVOS 2015_16
Materia Dereito Marítimo Código V08M129V01104
Titulación
Máster Universitario en Dereito de Empresa
Descritores Cr.totais Sinale Curso Cuadrimestre
5 OB 1 1c
Lingua de impartición
Castelán
Galego
Prerrequisitos
Coordinador/a
Ruiz Hidalgo, María del Carmen
Correo-e cruiz@uvigo.es
Profesorado
Costas Alonso, José Ramón
Fernández Acevedo, Rafael
Pita Grandal, Ana María
Ruiz Hidalgo, María del Carmen
Torres Pérez, Francisco José
Vázquez Castro, Fernando
Web
Descrición xeral Co Real Decreto Lexislativo 2/2011, de 5 de setembro, como Texto Refundido da Lei de Portos e da Mariña Mercante, o lexislador non fixo outras cousas que constatar a necesidade dunha renovación lexislativa para afrontar os requirimentos derivados do impacto de novos acontecementos e realidades na década dos anos 90 do pasado século. Trátase do impacto combinado do desenvolvemento das redes transeuropeas de transporte, os cambios tecnolóxicos e estratéxicos no sector do transporte marítimo e os procesos de crecente liberalización do mercado dos servizos do transporte, así como os seus efectos principais: a competencia interportuaria; a competencia intraportuaria ; e a incorporación á xestión portuaria do modelo de colaboración público-privada. A consecuencia é a posta do acento nesta ocasión, sen alterar os trazos estruturais do modelo establecido en 1992, nos factores ou criterios de rendibilidade e eficiencia na explotación do dominio público portuario e aposta pola promoción e o incremento da participación da iniciativa privada no financiamento, construción e explotación das instalacións portuarias e na prestación dos servizos portuarios; o que quere dicir tamén: a incorporación de novos mecanismos dirixidos a potenciar a calidade e eficacia na prestación dos servizos portuarios e comerciais de acordo coa política europea de transportes; o desenvolvemento da competencia interportuaria, potenciando a autonomía de xestión económico-financeira sobre a base dos principios de autosuficiencia económica e cobertura de custos por transferencia dos mesmos aos usuarios baixo principios homoxéneos e non discriminatorios; a potenciación da competencia intraportuaria a través da regulación da prestación dos servizos portuarios por parte da iniciativa privada en réxime de liberdade de acceso; a introdución de novos elementos na xestión do dominio público portuario para conseguir un completo desenvolvemento do modelo concesional en beneficio da máxima rentabilización socioeconómica daquel; o fomento do investimento privado nas instalacións e os equipamentos portuarios; e a diminución dos custos do sistema portuario español en aras da mellora da competitividade e a capacidade de investimento nas infraestruturas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000