Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Dereito de Empresa
 Materias
  Dereito de Sociedades e Dereito Concursal
   Competencias
Código Descrición
A3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e se enfrontar á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
A4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións, e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados dun xeito claro e sen ambigüidades.
B1 Capacidade de aprender de forma autónoma.
B3 Capacidade de argumentar e rebatir ideas, aplicando un pensamento crítico e lóxico.
B5 Capacidade de traballar en equipo e coordinar grupos de traballo.
C1 Capacidade de identificar problemas xurídicos propios do Dereito mercantil e abordar a súa solución de xeito interdisciplinar.
C2 Capacidade de interpretar e analizar criticamente os aspectos xurídicos técnicos propios do Dereito mercantil.
C3 Capacidade de comprender e redactar documentos xurídicos así como de interpretar as fontes normativas relacionadas co Dereito mercantil.
C4 Coñecer as principais liñas xurisprudenciais existentes en cada unha das materias propostas no módulo de Dereito mercantil.
C5 Promover o estudo de casos prácticos relacionados con cada unha das materias integradas no módulo de Dereito mercantil.
D3 Capacidade para resolver os problemas xurídicos que surxen no ámbito do Dereito de Empresa.
D5 Capacidade para afrontar desde un punto de vista xurídico as diferentes problemáticas vinculadas ás empresas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000