Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Avogacía-Vigo
 Materias
  Práctica Laboral e de Seguridade Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Avaliarase a participación activa dos alumnos/as nos seminarios. 20
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao final do período de docencia presencial farase unha proba escrita que consistirá na resolución dun ou máis casos prácticos. 40
Probas de tipo test Ao final do período de docencia presencial ou durante o mesmo poderán facerse unha ou varias probas tipo test. 40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para ter dereito a ser avaliado polo sistema de avaliación continua, o alumnado deberá asistir, cando menos, a un 85 % das clases presenciais. 

- Primeira oportunidade de examen:

1.- Os alumnos que se someten a avaliación continua serán avaliados conforme aos criterios que se indicaron máis arriba: resultado da avaliación continua (20%), proba tipo test (40%), proba práctica relativa ao estudo de casos (40%). 
2.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nas dúas partes que compoñen a proba final[prueba tipo test[(40%) e proba práctica relativa ao estudo de casos (40%)]. -

- Segunda oportunidade de examen: 

1.- No exame de xullo só se realizará unha proba final, que constará de dúas partes: unha proba tipo test (40%) e unha proba práctica avaliando o estudo de casos (40%). 2.- Os alumnos que se sometesen ao sistema de avaliación continua conservarán a nota que obtivesen no curso. 3.- Para os alumnos que non se someten a avaliación continua, ou que queden excluídos do devandito sistema: a súa cualificación estará integrada na súa totalidade polo resultado obtido nas dúas partes que compoñen a proba final: proba tipo test (40%) e proba práctica relativa ao estudo de casos (40%).


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000