Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos tutelados O tribunal avaliador valorará a calidade científica do estudo realizado: temática seleccionada, desenvolvemento da temática seleccionada, bibliografía empregada, redacción e presentación formal do traballo. 80
Presentacións/exposicións O tribunal avaliador valorará a exposición oral e pública do estudo realizado: capacidade de síntese, discurso de presentación, resposta ás preguntas plantexadas... 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

PARA PRESENTAR O TRABALLO FIN DE MÁSTER É PRECISO TER SUPERADO A TOTALIDADE DOS CRÉDITOS OBRIGATORIOS

Composición do tribunal avaliador:

Antes do inicio do período correspondente, nomearanse os membros, titulares e suplentes, do Tribunal Avaliador dos traballos fin de máster (Presidente, Secretario e Vocal) que actuará nas convocatorias oficiais do curso correspondente.

Os membros do Tribunal serán elexidos por sorteo entre aqueles docentes do Máster en Xestión e Dirección Laboral -Especialidade en Dirección Laboral- que ostenten o título de doutor e teñan adicación a tempo completo á Universidade.

Convocatoria de xullo:

Aqueles alumnos que non superaran a materia "Traballo fin de máster" en primeira convocatoria, poderán concurrir a convocatoria de xullo, presentando públicamente o traballo de investigación realizado, avaliado polo Tribunal conforme aos criterios sinalados.

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o curso 2014-2015.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000