Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Traballos tutelados PARA PRESENTAR O TRABALLO FIN DE MÁSTER É PRECISO TER SUPERADO A TOTALIDADE DOS CRÉDITOS OBRIGATORIOS
O traballo fin de máster será elaborado de xeito individual por cada un dos/as alumnos/as matriculados/as en forma e prazo da materia "Traballo fin de máster".
Tódolos traballos fin de máster terán asignados, en calidade de titor/a académico/a, un profesor do Máster -Especialidade en Xestión Laboral-, con vinculación estable á Universidade, que orientará e supervisará a elaboración do traballo fin de Máster.
Os/as alumnos/as matriculados/as na materia "Traballo fin de Máster" deberán poñerse en contacto cos profesores do Máster para elaborar unha proposta de traballo fin de Máster que responda aos seus intereses científicos e profesionais.
As propostas de temáticas, co correspondente visto e prace do/a titor/a, deberán presentarse e ser avaliadas, conforme ao cronograma da materia, pola correspondente comisión académica.
O traballo fin de máster, que deberá entregarse no prazo previsto no cronograma da materia, consistirá nun traballo de investigación orixinal e inédito, de orientación teórica ou práctica.
Dende unha perspectiva formal, o traballo fin de máster terá unha extensión recomendable mínima de 40 páxinas e máxima de 60, con interliñado de espazo de 1,5 liñas en fonte Times New Roman tamaño 12 ou equivalente. As notas figurarán no pé de páxina en interliñado sinxelo e tamaño 10 da mesma fonte que o corpo principal. As regras de presentación de citas e referencias serán as habituais no eido das investigacións xurídicas, sen prexuízo de que, se o tema tratado tivese unha maior vinculación con outra rama de coñecemento, poida axustarse á metodoloxía propia desta.
O traballo fin de máster incluirá: un resumo, un elenco de palabras, un sumario, as conclusións acadadas e unha listaxe da bibliografía empregada.
O traballo fin de máster presentarase por cuadruplicado.
O titor deberá emitir consonte o prazo previsto no cronograma da materia (e, en todo caso, con carácter previo ao acto de defensa do traballo fin de máster) informe indicativo do cumprimento ou non, polo correspondente traballo fin de máster, dos requisitos esixidos para a súa presentación. O citado informe deberá remitirse á coordinadora da materia "Traballo Fin de Máster".
Presentacións/exposicións O acto de presentación do traballo fin de máster será público realizándose na data, hora e lugar sinalados.
O/a alumno/a exporá nun tempo máximo de 15 minutos o traballo fin de máster realizado, así como os resultados e conclusións acadadas. Posteriormente, os membros do tribunal avaliador realizarán as preguntas e/ou observacións estimadas pertinentes.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000