Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Administración Laboral e Dereito Sancionador do Traballo
   Contidos
Tema Subtema
Tema I: Constitución e Estatutos de Autonomía: a administración laboral xeral e autonómica 1.Distribución competencial en materia laboral de seguridade social, inmigración e estranxeiría. a) Artigo 149.1.2,7 y 17 CE. b) Estatuto de Autonomía de Galicia.
2.Normativa reguladora das administracións laborais.
3.Estrutura e funcións da administración xeral central, administración periférica e administración autonómica laboral. Organismos, unidades administrativas e dependencias.
Tema II: A Inspección de Traballo e Seguridade Social 1.O dereito do traballo e carácter artellador da ITSS dende 1906.
2.Normativa específica reguladora da ITSS: convenios de OIT, normativa de la UE, Estatal e Autonómica.
3.Dependencia orgánica e funcional: exame da situación actual.
4.O sistema de ITSS: Inspectores de Traballo e Seguridade Social e Subinspectores de Traballo e Seguridade Social.
5.A participación das Comunidades Autónomas na organización da ITSS: os Convenios de Colaboración.
6.A participación dos órganos de representación social na xestión inspectora.
Tema III. Competencias do sistema de inspección Laborais, de emprego, de Seguridade Social, en Seguridade e Saúde Laboral, Estranxeiros e Inmigración
Tema IV. As funcións da Inspección de Traballo e Seguridade Social 1.A función fiscalizadora.
2.A función de asesoramento. a) Asesoramento técnico. b) Asesoramento ás empresas e traballadores. c) Asesoramento ós órganos xudiciais e administrativos.
3.A función informadora. a) Informes preceptivos e facultativos en vía administrativa.b) Informes previstos na Lei reguladora da Xurisdición Social.
4.A función mediadora na composición do conflito.
Tema V. Medios de actuación e facultades da Inspección de Traballo e Seguridade Social 1.Iniciación da actuación inspectora.
2.Mecanismos de actuación.
3.Duración da actuación inspectora.
4.Facultades e prerrogativas da ITSS.a) Dereito de entrada. b) Desenvolvemento da visita: participación dos traballadores e dereitos do empresario. c) Medios de investigación: declaración dos traballadores e empresarios, exames documentais, peritaxes e outros. d) O apoio das Forzas e Corpos da Seguridade. e) A colaboración obrigatoria doutros organismos e entes.
5.A Responsabilidade dos integrantes do sistema da Inspección nas súas actuacións: dereitos fundamentais e deberes de responsabilidade.
Tema VI. As medidas inspectoras previas á extensión de actas de infracción e liquidación 1.Recomendacións inspectoras.
2.Actas de advertencia.
3.Requirimentos en materia laboral, na prevención de riscos, na Seguridade Social e o requirimento especial de Seguridade e Saúde Laboral ás administracións públicas.
4.A paralización dos traballos.
Tema VII. Actas da Inspección de Traballo e Seguridade Social 1.Os principios básicos do dereito sancionador do traballo.
2.A tipoloxía das actas: de infracción, por obstrución, de liquidación da Seguridade Social e en materia de estranxeiría e inmigración.
3.Requisitos subxectivos das actas: os suxeitos lexitimados.
4.Requisitos formais das actas.
5.Tramitación do procedemento sancionador.
6.Contido das actas de infracción: o suxeito infractor, feitos comprobados, medios de investigación utilizados, infracción cometida, calificación, precepto vulnerado, gradación, cuantificación, órgano de resolución, medidas de carácter provisional, reclamacións de prexuízos económicos dós traballadores.
Tema VIII. Actas de liquidación de Seguridade Social Especialidades das actas de liquidación. Determinación das cotas e importes debidos.
Tema IX. A presunción de certeza e a impugnación das actas de infracción e liquidación 1.A presunción de certeza no dereito administrativo laboral sancionador.
2.Fundamento e problemática constitucional.
3.A análise da normativa e xurisprudencia na materia.
4.Requisitos das presuncións legais iuris tantum: as actas como documentos públicos e medios de proba no ámbito administrativo.
5.A acta de infracción no proceso penal.
6.A impugnación das actas. Alegacións e recursos.
Tema X. Outras medidas derivadas da actuación inspectora. A acta da Inspección de Traballo e Seguridade Social no ámbito penal 1.O recargo de prestacións en materia de Seguridade Social.
2.Outras medidas en materia de Seguridade Social.
3.Suspensión das actividades e peche definitivo do centro de traballo.
4.Restrición da contratación con administracións públicas.
5.Cancelación da acreditación pola autoridade laboral ós servizos de prevención e as empresas de traballo temporal.
6.Publicación das sanción moi graves.
7.As actuacións inspectoras e o delito penal.
Tema XI. Análise práctico das actuacións inspectoras Requirimentos, actas de liquidación, actas de infracción, paralizacións de traballos e recargo de prestacións.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000