Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Medidas de Solución de Conflitos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación
activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo.
25
Estudo de casos/análises de situacións A o largo do período docente o alumno realizará dous exercicios prácticos relativos ós contidos da materia, representando cada un, un 25% da nota final. 25
Probas de tipo test O alumno realizará unha proba tipo test na que serán avaliados os seus coñecementos teóricos e prácticos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o curso 2014-2015.

1ª CONVOCATORIA (maio-xuño 2015):

Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas
de avaliación:

a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación
continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións
presenciais.

A efectos de avaliación continua, consideraranse os aspectos seguintes:

- Asistencia e participación activa do alumno nas sesións: 25%

- Exercicios prácticos: 25%

- Proba tipo test: 50%

As tarefas e  proba de avaliación serán realizadas ao longo do
correspondente período de docencia. A suxexión ao sistema de avaliación
continua, mediante a realización de tarefas e proba escrita sinaladas, EXCLÚE A
POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE AVALIACIÓN FINAL

b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ao sistema de
avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha
proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia.
Dito exame representará o 100% da nota final.

 2ª CONVOCATORIA (xullo 2015):

Acudirán a convocatoria de xullo, aqueles alumnos que téndose sometido ao
sistema de avaliación continua ou ao sistema de avaliación final, non superaran
a materia en primeira convocatoria.

De ter optado polo Sistema de avaliación continua, as notas acadadas na
mesma conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non
supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación
continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de
avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000