Guia docente 2013_14
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Medidas de Solución de Conflitos
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación
activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións relacionadas coa temática obxecto de estudo.
25
Estudo de casos/análises de situacións A o largo do período docente o alumno realizará dous exercicios prácticos relativos ós contidos da materia, representando cada un, un 25% da nota final. 25
Probas de tipo test O alumno realizará unha proba tipo test na que serán avaliados os seus coñecementos teóricos e prácticos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA 1ª - Maio 2014 (Sistema de avaliación continua/Sistema de avaliación final)

a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar a asistencia a un 80 % das sesións presenciais. En caso contrario, deberá someterse ao sistema de avaliación final.

b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.

CONVOCATORIA 2ª- Xullo 2014

Se o alumno non superase a materia na convocatoria de febreiro, as notas obtidas na avaliación continua conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000