Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Técnicas de Negociación Colectiva
   Contidos
Tema Subtema
Tema I.- Cuestións preliminares. 1. Posicións previas á apertura das negociacións. 2. Que lle pode interesar da negociación a cada unha das partes? 3. Por que se negocia nun ámbito determinado? 4. Que interese teñen as formalidades negociais?: actas, presidencia da mesa, presencia de asesores...5 Que cuestións poden abordarse primeiramente? 6. Cuestións temporais: como proxectar no tempo unha negociación?
Tema II.- A xestión dos estancamentos. 1. Conflitos negociais de bloqueo. 2. Conflito e folga. 3. Reunións de desbloqueo. 4. O papel dos mecanismos privados de composición de conflitos. 5. Efectos do bloqueo no contido do anterior convenio: estratexias. 6. O apoio das institucións públicas: Inspección de Traballo e Autoridade Laboral.
Tema III.- A sinatura e a vixencia do convenio. 1. Acordo, asemblea de referendo, derradeiras discrepancias. 2. Os trámites do convenio colectivo nos seus aspectos prácticos: da sinatura á publicación. 3. A conformación da comisión paritaria, as súas funcións e o seu funcionamento. 4. Dinámica da aplicación do convenio colectivo: conflitividade e consellos prácticos.
Tema IV.- Os contidos do convenio colectivo (I) 1. Materia salarial: regulación dos incrementos retributivos e dos conceptos salariais e estraxalariais. Técnica regulatoria. 2. Materia de tempo de traballo: cláusulas de xornada, de horario, de vacacións, permisos...Flexibilidade e rixidez da xornada. 3. A clasificación profesional: criterios para a súa negociación.
Tema V.- Os contidos do convenio colectivo (II) 1. Materia de seguridade e saúde no traballo. 2. Materia disciplinaria. 3. Materia de mobilidade e promoción profesional. 4. Materia sindical. 5. Materia de formación profesional. 6. Submisión a sistemas extraxudiciais e comisión paritaria. 6 Cláusulas de vixencia, denuncia e ámbito.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000