Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Relacións Transfronterizas no Marco da Unión Europea. Introdución ao Dereito Social Portugués
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia do alumno, así como, de maneira especial, a participación
activa nas sesións, materializada no plantexamento de dúbidas ou cuestións
relacionadas coa temática obxecto de estudo.
25
Estudo de casos/análises de situacións Ao longo do período docente o alumno realizará catro exercicios prácticos relativos aos contidos da materia. 50
Probas de tipo test O alumno realizará dúas proba tipo test na que serán avaliados os seus
coñecementos teóricos e prácticos da materia
25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

CONVOCATORIA 1ª - Maio 2013 (Sistema de avaliación continua/Sistema de avaliación final)
a) Avaliación continua.  Para someterse ao sistema de avaliación continua, o alumnado deberá acreditar a asistencia a un 80%  das sesións presenciais. En caso contrario, deberá someterse ao sistema de avaliación final.
b) Avaliación final. Aqueles/as alumnos/as que non se acollan ao sistema de avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia. Dito exame representará o 100% da nota final.
CONVOCATORIA 2ª- Xuño/xullo 2013
Se o alumno non superase a materia na convocatoria de febreiro, as notas obtidas na avaliación continua conservaránse para a convocatoria de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán, debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar polo sistema de avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000