Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Relacións Transfronterizas no Marco da Unión Europea. Introdución ao Dereito Social Portugués
   Contidos
Tema Subtema
Tema I. A libre circulación de traballadores e outras libertades fundamentais 1. A libre circulación de traballadores: contido esencial. O Regulamento (UE) nº 492/2011 do Parlamento Europeo e do Consello, de 5 de abril de 2011, relativo á libre circulación dos traballadores dentro da Unión. Ámbito subxectivo e limitacións.- 2. Libre prestación de servizos e libre establecemento.- 3. A Seguridade Social dos traballadores migrantes
Tema II. Os protagonistas da mobilidade nas relacións transfronteirizas no marco da UE. A mobilidade de traballadores 1. Traballadores emigrantes clásicos. Definición e marco regulador. Dereitos e obrigas transversais: entrada e residencia no Estado de acollida, recoñecemento de títulos habilitantes para o exercicio da profesión, inscrición como demandantes de emprego, rexistro da contratación laboral, prestacións de desemprego e Seguridade Social.- 2. Traballadores fronteirizos. Definición e marco regulador. Dereitos e obrigas transversais: particularidades de Seguridade Social. Xurisprudencia sobre discriminación de traballadores transfronteirizos. O criterio de residencia.- 3. Traballadores desprazados no marco dunha prestación transnacional de servizos. Definición Definición e marco regulador. Dereitos e obrigas transversais: particularidades de Seguridade Social. Xurisprudencia sobre libre circulación e libre prestación de servizos.
Tema III. Os protagonistas da mobilidade nas relacións transfronteirizas no marco da UE. As empresas 1. Empresas que operan a través de establecemento permanente ou centro de traballo. Definición e marco regulador. Dereitos e obrigas transversais.- 2. Empresas que operan a través dun desprazamento temporal de traballadores no marco dunha prestación transnacional de servizos. Definición e marco regulador. Dereitos e obrigas transversais: particularidades en matéria de condicións de traballo e emprego, comunicación á autoridade laboral competente e cooperación entre administracións públicas.- 3. Peculiaridades das empresas que operan no sector da construción.
Tema IV. Lei aplicable e competencia xudicial 1. A competencia xudicial: o Regulamento 44/2001. 2. Lei aplicable: o Regulamento 593/2008. Doutrina xudicial. 3. Referencia aos traballadores desprazados.
Tema V. O Dereito do Traballo portugués. A relación individual de traballo 1. Fontes.- 2. O contrato de traballo. Modalidades. Formalización.- 3. O contrato de traballo para estranxeiros. Visados, autorización de residencia e estatuto de residentes de longa duración.- 4. Contenido do contrato. Dereitos e obrigas das partes.-Retribución. Duración e organización do tempo de traballo.- 6. Suspensións e outras vicisitudes da relación laboral.- 7. Extinción do contrato de traballo.
Tema VI. O Dereito do Traballo portugués. As relacións colectivas de traballo 1. A organización sindical.- 2. A representación dos traballadores na empresa.- 3. A negociación colectiva.- 4. Os conflitos colectivos.- 5. O dereito de folga.
Tema VII.- Rasgos básicos do sistema da Seguridade Social portugués 1. Constitución da relación xurídica de Seguridade Social. Actos de encadramento e cotización. Especial atención ás obrigas empresariais en materia de Seguridade Social.- 2. Liñas fundamentais dos reximes de Seguridade Social.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000