Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral
 Materias
  Seguridade Social Complementaria
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase e a participación activa dos estudantes: dúbidas, opinións e comentarios. 25
Estudo de casos/análises de situacións Realizaranse dúas prácticas en relación cos contidos teórico-prácticos da materia. A cualificación de cada un deles será dun 25 por 100 da nota total. 25
Probas de tipo test Durante o cuatrimestre se realizará unha proba tipo test na que serán avaliados os coñecementos da materia. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Os exames de cada convocatoria terán lugar nas datas e horas indicadas no calendario oficial, debidamente publicado, aprobado pola Comisión Académica do Máster en Xestión e Dirección Laboral para o presente curso.


1ª CONVOCATORIA (febreiro):

Os/as alumnos poderán optar por un dos seguintes sistemas de
avaliación:

a) Avaliación continua. Para someterse ao sistema de avaliación
continua, o/a alumno/a deberá acreditar a asistencia a un 80% das sesións presenciais.

A efectos de avaliación continua,
consideraranse os aspectos seguintes:

- Asistencia e participación
activa do alumno nas sesións: 25%

- Exercicios prácticos: 25%

- Proba tipo test: 50%

As tarefas e  proba de avaliación serán realizadas ao longo
do correspondente período de docencia. A
suxexión ao sistema de avaliación continua, mediante a realización de tarefas e
proba escrita sinaladas, EXCLÚE A POSIBILIDADE DE SOMETERSE AO SISTEMA DE
AVALIACIÓN FINAL

b)Avaliación final. Aqueles alumnos que non se acollan ao sistema de
avaliación continua, serán avaliados mediante un exame final consistente nunha
proba escrita, relativa a tódolos contidos, teóricos e prácticos, da materia.
Dito exame representará o 100% da nota final.

 

2ª CONVOCATORIA (xullo):

Acudirán a convocatoria de xullo,
aqueles alumnos que téndose sometido ao Sistema de avaliación continua ou ao
sistema de avaliación final, non superaran a materia en primeira convocatoria.

De ter optado polo Sistema de
avaliación continua, as notas acadadas na mesma conservaránse para a convocatoria
de xullo. Agora ben, se o alumno non supera a materia nesta última
convocatoria, as citadas notas de avaliación continua non se conservarán,
debendo pois, ben someterse a un novo proceso de avaliación continua, ben optar
polo sistema de avaliación final.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000