Guia docente 2012_13
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Máster Universitario en Ordenación Jurídica del Mercado
 Datos de carácter xeral da titulación

(*)


A Universidade de Vigo é a responsable e impartidora do título de "MASTER UNIVERSITARIO EN ORDENACIÓN XURÍDICA DO MERCADO" sendo a coordinadora da dita titulación a Profa. Dra. Pilar Allegue Aguete (Despacho D.306 FFCCXXe do Taballo, tlfno. 986.814.065, e-mail pallegue@uvigo.es).

1. ORGANIZACIÓN ACADÉMICA

A Comisión Académica está formada por:

- Presidenta / Coordinadora do POP: Pilar Allegue Aguete

- Secretaria: Teresa Martínez Táboas

- Un membro da comisión de calidade do centro: Fernando Lorenzo Merino

- Catro vogais responsables de cada un dos módulos que compoñen o Máster: Ana María Pita Grandal, Emma Rodríguez Rodríguez, Almudena Bergareche Gros, Pablo Ignacio Fernández Carballo-Calero 

2. FUNCIÓNS DA COMISIÓN ACADÉMICA

1. Elaborar, e no seu caso, modificar o regulamento de réxime interno da propia comisión que deberá ser aprobado pola Comisión de Estudos de Posgrao.

2. Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (cumprimento de horarios de clases e titorías, depósito da guía docente das materias na secretaria do centro de adscrición do POP), velar pola dispoñibilidade dos espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.).

3. Seleccionar os/as estudantes admitidos/as no programa.

4. Emitir informe para o recoñecemento de competencias.

5. Formular as demandas de recursos humanos e materiais, debidamente xustificadas.

6. Seleccionar os/as estudantes para bolsas ou estadías de mobilidade noutros centros ou institucións nacionais e do Espazo Europeo de Educación Superior baixo os principios de igualdade e concorrencia competitiva.

7. Aquelas que nun futuro se determinen, e estean recollidas no Regulamento interno da Comisión Académica do POP.

 

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000