Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Ordenación Xurídica do Mercado
 Acceso de estudantes

Criterios de acceso e condicións ou probas de acceso especiais

Como indica o artigo 16 do Real Decreto 1393/2007:
- Para acceder aos ensinos oficiais de Máster será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de Máster.

-Así mesmo, poderán acceder os titulados conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo Europeo de Educación Superior sen necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidade de que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiais españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso a ensinos de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar os ensinos de Máster.

En canto á admisión, no caso de títulos de Máster, hase de indicar o órgano de admisión e a súa composición e indicar os criterios de valoración de méritos e as probas de admisión específicas utilizadas no sistema de selección establecido no programa. Á hora de establecer os criterios de admisión, hase de ter en conta o establecido no artigo 17 do Real Decreto 1393/2007:

- Os estudantes poderán ser admitidos a un Máster conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que, no seu caso, sexan propios do título de Máster Universitario ou estableza a universidade.

- A Universidade incluirá os procedementos e requisitos de admisión no plan de estudos, entre os que poderán figurar requisitos de formación previa específica nalgunhas disciplinas.

- Estes sistemas e procedementos deberán incluír, no caso de estudantes con necesidades educativas específicas derivadas de discapacidade, os servizos de apoio e asesoramento adecuados, que avaliarán a necesidade de posibles adaptacións curriculares, itinerarios ou estudos alternativos.

Para acceder a unha das prazas ofertadas no Máster é indispensable estar en posesión dunha titulación que pertenza á rama de coñecemento ?Ciencias sociais e xurídicas?. Dentro delas a preferencia establécese pola seguinte orde:
Licenciado ou Graduado en Dereito, Económicas, Empresariais, LADE, Ciencias Sociais, Ciencias Políticas e Relacións Laborais.

A Comisión decidiu fixar como criterios de admisión dos/as alumnos/as atendendo ás seguintes porcentaxes: o 60% o expediente académico, o 20% a afinidade do título cos estudos de Máster, o 10% o currículo e o 10% a entrevista. Priorizarase a entrada dos/as alumnos/as da Universidade de Vigo. Finalizada a selección publicarase unha relación provisional de aspirantes admitidos e excluídos, con indicación das causas de exclusión, que será publicada no taboleiro de anuncios das secretarias de estudante e na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo; sen prexuízo das reclamacións que poidan ser presentadas polos/as alumnos/as e unha vez resoltas publicarase a lista definitiva segundo o procedemento anteriormente descrito.

O procedemento de matriculación realizarase de acordo co indicado no artigo 11 do Regulamento de Estudos Oficiais de Posgrao da Universidade de Vigo.

Calendario de matrícula de estudantes

A Matrícula é a tempo  completo: o/a alumno/a  matricularase dos 60 créditos dos que consta o Máster.

Das 25 prazas que se ofertan, 5 poderán ser ocupadas por alumnos/as de fóra do Espazo Europeo de Educación Superior.

Se entre os/as alumnos/as admitidos/as houbese máis solicitudes  das que se ofertan, a Comisión Académica resolvería, aplicando os mesmos criterios previstos para a admisión.

CALENDARIO matrícula 2009/2010

 

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000