Guia docente 2012_13
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Ordenación Xurídica do Mercado
 Materias
  Dereito da Competencia e da Propiedade Industrial
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Asistencia e exposición oral do contido do traballo encomendado nos Seminarios programados 25
Traballos e proxectos O estudante presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc.
Pódese levar a cabo de xeito individual ou en grupo, de forma oral ou escrita
25
Probas de tipo test Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta (verdadeiro/falso, elección múltiple, emparellamento de elementos...). Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 25
Estudo de casos/análise de situacións Proba na que se presenta unha situación ou problemática xa dada ou que pode darse, partindo dos diferentes factores involucrados, a análise dos antecedentes, condicións, da situación, etc. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Segunda convocatoria de exame: Para os alumnos que non cumpran cos prazos de entrega das probas ou coa asistencia aos seminarios, a cualificación final supoñerá un 75% da nota máxima sempre que superen a proba final a través de cuestionarios, informes breves e resolución de casos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000