Guia docente 2009_10
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Mestrado Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Traballo Fin de Máster
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos e proxectos O/a alumno/a na data fixada oficialmente, terá que presentar por escrito ante o tribunal avaliador do Traballo de Fin de Master o traballo desenvolvido. Logo en sesión pública deberá expoñer, debatir e defender ante dito tribunal a metodoloxía empregada para a elaboración do seu traballo e as conclusións acadadas.
O tribunal valorará a metodoloxía e estructura do traballo, o seu contido, a exposición das conclusións e a capacidade de debate do/a alumno/a
100%
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Se o traballo presentado polo/a alumno/a ou a defensa feita das súas conclusións non reúnen a xuizo do tribunal avaliador as condicións requeridas para que se poida entender superada esta materia do Master, o/a alumno/a, baixo a dirección do seu tutor, deberá revisar e correxir aquelas deficiencias advertidas polo tribunal e presentar de novo o traballo na seguinte convocatoria ante o tribunal correspondente, que o avaliará aplicando os mesmos criterios expostos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000