Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  A Intervención Socio-Educativa con Menores en Situación de Risco, Desprotección e Conflito Social
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Pola asistencia á Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante. 40
Resolución de problemas de forma autónoma Pola resolución axeitada de Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación de resultados. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B3
B6
B7
B9
B10
B12
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
Estudo de casos Pola resolución axeitada de Actividade na que se formulan cómo interpretar e resolver un caso relacionado coa materia. O estudante debe desenvolver as solucións axeitadas ou correctas mediante a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación de resultados. 30 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B2
B5
B8
B11
C1
C2
C3
C4
C5
C6
C7
C8
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA:

1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, neste Módulo a Carmen Verde Diego, carmenverde@uvigo.gal  quen valorará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen. 

2º Pola asistencia a clase o alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final. A porcentaxe restante da cualificación final resultará da resolución de problemas de forma autónoma (30% da nota) e do estudo de casos (30%) que poden remitir á resolución de problema anterior e que establecerá o profesorado baixo a supervisión do Coordinador/a da materia.  

3º Na convocatoria extraordinaria, o alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica que lle indicará o coordinador/a da materia. 

B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON CONTINUA: O alumno/a que non asista ao mínimo do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a da materia. 

C) PROBAS DE AVALIACIÓN: As datas e horarios das probas de avaliación especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica do Máster, que se publican na páxina web do título.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000