Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Proceso Penal de Menores
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral Valórase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación do alumno nos debates que se susciten na aula 40 B1
B2
B3
B5
B6
B10
C6
C7
Estudo de casos Valórase a preparación por parte dos alumnos/as dos casos presentados polo profesor e a súa participación nos debates que sobre eles se susciten na aula 30 A2
A3
B1
B2
B3
B5
B6
C1
C2
C3
Exame de preguntas obxectivas Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas pechadas con diferentes alternativas de resposta. Os alumnos seleccionan unha resposta entre un número limitado de posibilidades. 30 B1
B2
B3
B6
C2
C3
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN
CONTINUA:

1º Para que o alumno/a sexa avaliado polo
sistema de avaliación continua deberá asistir, como mínimo, ao 75% das sesións
da materia. O alumno/a que puntualmente por motivos imprevisibles e debidamente
xustificados non poida completar esta porcentaxe de asistencia, deberá comunicalo
por escrito ao respectivo/a coordinador/a da materia, e este/a valorará se a
puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se
lle indiquen.

 2º Pola asistencia a clase o alumno/a
poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación
final resultará da avaliación dos traballos ou actividades establecidas polo
profesorado baixo supervisión do Coordinador/a da materia; en concreto, un 30% do estudio de casos e un 30% do exame de preguntas obxectivas.

 3º Na convocatoria extraordinaria, o
alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo
do curso e, ademais, terá que presentarse a unha proba final, teórica e/ou
práctica que lle indicará o coordinador/a da materia.

 

B) ALUMNADO SISTEMA DE AVALIACIÓN NON
CONTINUA:

O alumno/a que non asista ao mínimo
do 75% das sesións da materia e que, no seu caso, non xustifique debidamente a
falta de asistencia puntual e imprevisible, poderá obter o 100% da cualificación
realizando unha proba final de avaliación, teórica e/ou práctica, que lle
indicará o coordinador/a da materia, na convocatoria ordinaria e/ou
extraordinaria fixada ao efecto, ademais de entregar os traballos ou
actividades esixidas na materia ao longo do curso, se así llo indicara o coordinador/a
da materia.

 

C) PROBAS DE AVALIACIÓN:

As datas e horarios das probas de avaliación
especifícanse no calendario que para o curso aprobe ao efecto a Comisión Académica
do Máster, que se publican na páxina web do título.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000