Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Adopción Nacional e Internacional de Menores
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas ou correctas mediante a exercitación de rutinas, a aplicación de procedementos de transformación da información dispoñible e a interpretación dos resultados. Adóitase empregar como complemento da lección maxistral.

Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipóteses, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver a análise e resolución dos problemas e/ou exercicios de forma autónoma.
60
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.

Exposición por parte do alumnado ante o docente e/ou un grupo de estudantes dun tema sobre contidos da materia ou dos resultados dun traballo, exercicio, proxecto. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
40
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
1. Para que o/a alumno/a sexa avaliado deberá asistir como mínimo ao 60% das clases. O/A alumno/a que puntualmente e por motivos xustificados non poida completar a asistencia ao 60% das clases, deberá poñerse en contacto co/a coordinador/a da materia, quen avaliará se a puntual falta de asistencia pode ser suplida polos métodos de avaliación que se lle indiquen.

2. Pola asistencia á clase o/a alumno/a poderá obter ata un 40% da cualificación final. O 60% restante da cualificación final resultará da avaliación das actividades establecidas na Guía docente da materia.

3. En segunda convocatoria, o/a alumno/a deberá entregar os traballos ou actividades esixidas na materia ao longo do curso, e ademáis deberá presentarse a unha proba final, teórica e/ou práctica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000