Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Máster Universitario en Menores en Situación de Desprotección e Conflito Social
 Materias
  Medidas de Protección do Menor en Situación de Risco e Desamparo
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas de forma autónoma Actividade na que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia. O alumno debe desenvolver as solucións adecuadas mediante a aplicación dos coñecementos adquiridos, da información dispoñible e a interpretación dos resultados.

Análise dun feito, problema ou suceso real coa finalidade de coñecelo, interpretalo, resolvelo, xerar hipótese, contrastar datos, reflexionar, completar coñecementos, e adestrarse en procedementos alternativos de solución.

O estudante, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara investigacións, memorias, resumos de lecturas e conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/as estudantes que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Lección maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudante.

Charla aberta entre un grupo de estudantes. Pode centrarse nun tema dos contidos da materia, na análise dun caso, no resultado dun proxecto, exercicio ou problema desenvolvido previamente nunha sesión maxistral...
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000