Guia docente 2014_15
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
PCEO Grao en Administración e Dirección de Empresas/Grao en Dereito
 Materias
  Economía: Economía española e mundial
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral As sesións maxistrais forman parte das Actividades Básicas da Materia. En cada unha das sesións de teoría, o profesorado desenvolverá os contidos do Programa.
Prácticas de laboratorio As prácticas de laboratorio forman parte das Actividades Básicas. As sesións prácticas terán lugar no horario establecido para prácticas.
Titoría en grupo Igualmente, constitúen parte das Actividades Básicas. Básicamente, consistirá en que o alumnado deberá presentar ao titor os resultados dos exercicios propostos polo profesor cando este os reclame, así como consultarlle as súas dúbidas. Estas titorías en grupo poden ser complementadas con unha atención máis individualizada (titorías persoais no horario de titorías).
Resolución de problemas e/ou exercicios de forma autónoma Durante o curso, proporáselle ao alumnado un conxunto de actividades para reforzar o proceso de aprendizaxe das sesións teóricas e prácticas. Estas actividades poden incluir a realización de exercicios numéricos, cuestionarios, lecturas, traballos (individuais ou colectivos) e redaccións.
Outros Entre outras posibilidades, poderáse propoñer ao estudantado un conxunto de lecturas. Os resultados destas lecturas poderán ser examinados polo profesor e servir de base para o seu debate nalgunhas sesións teóricas ou prácticas.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000