Guia docente 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dirección estratéxica de empresas
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos Valoraranse os casos entregados ao longo do curso. 35 A1
A2
A3
A4
A5
B1
B3
B5
C16
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os coñecementos da primeira parte da materia (análise estratéxica), a terminoloxía emplegada, as respostas ben estructuradas e con argumentos sólidos e coherentes, a capacidade de expresión e comunicación das ideas e a presentación 32.5 B1
B5
D1
D3
D4
Exame de preguntas obxectivas Valoraranse os coñecementos da segunda parte da materia (formulación, implantación e control da estratexia), a terminoloxía emplegada, as respostas ben estructuradas e con argumentos sólidos e coherentes, a capacidade de expresión e comunicación das ideas e a presentación 32.5 B1
B5
D1
D3
D4
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Para poder optar a este tipo de avaliación, será precisa a asistencia ao 80% das clases.

Para a superación da asignatura requírese ao menos obter a calificación de 5 puntos sobre 10 en ambas probas de resposta curta e na entrega de casos.

No caso de non superar a avaliación continua poderá presentarse coa parte que se teña suspensa nos exames de convocatorias oficiais: xuño e xullo. Non se gardarán partes para outros anos académicos.

Avaliación non continua

En todo caso, nas datas oficiais haberá un exame que terá tres partes, e que se correponderán coas tres partes da avaliación continua e manterán o peso correspondente. É necesario obter 5 puntos sobre 10 en cada parte do exame.

Na convocatoria fin de carreira haberá un único exame con varias partes e haberá tanto preguntas teóricas como preguntas de aplicación como un mini-caso ou frase a comentar para avaliar esa parte práctica e que permitirá obter o 100% da nota. Neste caso non é preciso ter un mínimo en cada parte.

As datas dos exámenes está aprobadas por Xunta de Facultade e publicadas na páxina web e nos taboleiros do centro.

Recoméndase ao alumnado ter en conta o Título VII (Do uso de medios ilícitos), do Regulamento sobre a
Avaliación, a calificación e a calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado
(https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/normativa/public/normativa/documento/downloadbyhash/4904ced4d2
4eb81fe5715ddde2c48c59c0a7c4d624cd0e7491df7a753985ccfa ) En concreto, advírtese ao estudantado sobre o uso ético e correcto de calquera Intelixencia Artificial, o cal implica incluír no texto unha mención explícita da interacción cunha intelixencia artificial, así como o extracto esencial de dita interacción, indicando qué IA se utilizou en calquera entrega que sexa avaliada a través da plataforma Moodle. Ademais, requírese unha reflexión crítica sobre dita interacción. A omisión destes detalles sobre a interacción considerarase un comportamento non ético que pode dar lugar a penalizacións nos puntos outorgados nesa proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000