Guia docente 2023_24
Facultad de Ciencias Jurídicas y del Trabajo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito financeiro e tributario I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Exame de preguntas de desenvolvemento Primeira proba parcial que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o estudante deberá demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica escrita (na que se formularán diferentes preguntas sobre o programa de estudos da materia).
Para aqueles estudantes que se someten ao sistema de avaliación continua, esta proba representará o 40% da súa cualificación final.
Segunda proba parcial que consta de dúas partes: unha práctica escrita (na que o estudante deberá demostrar a adquisición das competencias esenciais da materia) e unha teórica escrita (na que se formularán diferentes preguntas sobre o programa de estudos da materia).
Para aqueles estudantes que se someten ao sistema de avaliación continua, esta 2ª proba representará o 40% da súa cualificación final.
Ambas probas representan o 80% da súa cualificación.
Para aqueles estudantes que NON se sometan á avaliación continua, a súa cualificación estará composta polo 70% da cualificación obtida no exame teórico escrito e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito.
80
Observación sistemática O profesorado, a través das diferentes actividades que propoña ao alumnado que se someta a avaliación continua (casos prácticos, exposición oral dun tema, presentación escrita dun traballo, tarefa colaborativa na aula, etc.), valorará a
participación activa e calidade das intervencións deste tanto
nas clases maxistrais como, sobre todo, nos seminarios.
A participación activa e de calidade do alumnado que se somete a avaliación continua representará o 20% da súa cualificación final.
Ademais, o alumnado que voluntariamente participe en actividades de aprendizaxe-servizo, no marco da avaliación continua, será avaliado a través dun ditame da actividade entregado antes da realización da proba final cunha calificación que se integrará dentro do 20% da nota reservada á asistencia e á participación.
20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O temario que aparece no apartado de contidos constitúe unha versión resumida das leccións que serán obxecto de exame. Oportunamente, ao comezo do cuadrimestre académico, proporcionaráselle ao alumnado un temario máis detallado cos epígrafes que conforman cada lección.


PRIMEIRA OPORTUNIDADE DE EXAME:
1.-Segundo se establece no Regulamento de Avaliación, calificación e calidade da docencia e do proceso de aprendizaxe do estudantado (aprobado polo Claustro da
Universidad de Vigo o 18 de abril de 2023), o/a alumno/a deberá manifestar a súa intención de non acollerse ao sistema de avaliación continua conforme ao procedemento e na data establecidos polos órganos competentes do Centro.


 2.- O/a alumno/a que se acolla ao sistema de avaliación continua será avaliado conforme aos seguintes criterios: 1º) Primeira proba parcial, que se realizará á metade do cuadimestre (40%), 2º) Segunda proba parcial, que se realizará ao final do cuadimestre (40%), 3º) Asistencia regular, participación activa na clase e actividades
organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). Aos efectos
de poder realizar esta última avaliación controlarase a asistencia ás clases.



As dúas probas parciais escritas
son obrigatorias, constarán dunha parte práctica e doutra teórica, realizadas
ambas en período lectivo. A parte práctica de cada unha das dúas probas suporá un 20%, mentres que a parte teórica de cada unha das dúas probas suporá un 80% da cualificación. Cada unha das dúas probas parciais será liberatoria sempre que o/a alumno/a acade unha cualificación mínima de 5
sobre 10, de xeito que superadas ámbalas probas non estará obrigado/a a
realizar o exame ou proba final, como requisito para superar a materia.

O alumnado que voluntariamente participe nas actividades de aprendizaxe-servizo, no marco da avaliación continua, será avaliado a través dun ditame  da actividade entregado antes da realización da proba final cunha calificación que se integrará dentro do 20% da nota reservada á asistencia e á participación. A aplicación desta metodoloxía está condicionada á aprobación do Proxecto ApS no respectivo curso académico.



3.- Os/as alumnos/as de
avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 70% da
cualificación obtida no exame teórico escrito e o 30% da cualificación
obtida no exame práctico escrito, sendo ambos diferentes ao que realicen os/as alumnos/as de avaliación continua, no que se lles avaliará de tódalas competencias. 



4.- O exame final realizarase na data, lugar e hora
especificados no calendario oficial aprobado a tal efecto pola Xunta de
Facultade para o curso académico 2023/2024.
Asimesmo, os/as alumnos/as
que así o desexen poderán optar por un exame teórico
oral. Deberán comunicarllo ao coordinador/a da materia o mesmo día, antes
do exame.



A nota do exame final será a suma das notas obtidas segundo os criterios e porcentaxes anteriormente establecidos.





-Alumnado que siga o sistema de avaliación continua: O/a alumno/a terá que realizar, de forma obrigatoria,
un exame final correspondente á materia que non superou nunha o en ámbalas dúas probas de avaliación continua realizadas ao longo do cuadrimestre. O exame final terá dúas partes: unha proba teórica (que poderá ser escrita ou
oral, a elección do alumnado, e que representará o 80% da cualificación), e
unha proba práctica (que suporá o 20% da cualificación). Para superar a
materia é necesario que o alumnado obteña, coma mínimo, unha cualificación dun 4 sobre 10 en dito exame final.



Asimesmo, a este exame final
poderá concurrir o alumnado que superara as dúas probas de avaliación continua realizadas durante o cuadrimestre no caso de que desexe subir nota.



-Alumnado con avaliación global: a súa cualificación estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico (que poderá ser oral ou escrito a elección do alumnado) e o 30%
da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo ambos
diferentes ao que realicen os/as alumnos/as de avaliación continua.



 



SEGUNDA OPORTUNIDADE DE EXAME:



 1.- No exame de xuño/xullo, o/a alumno/a que se acolleu ao sistema de avaliación continua só realizará
unha proba final, que representará o 80% da súa cualificación final, e que
constará de dúas partes: unha práctica escrita (na que se resolverá un ou varios casos prácticos, e que suporá un 20% da cualificación
correspondente á proba final) e unha teórica -que poderá ser escrita ou oral a
elección do alumnado- (na que se formularán distintas preguntas sobre o temario da materia, e que suporá o 80% da cualificación correspondente á proba final). En todo caso, o/a alumno/a deberá acadar unha
cualificación mínima de 4 sobre 10 na proba final para que se lle teñan en
conta as cualificacións obtidas pola asistencia regular, participación activa
en clase e actividades organizadas pola Área de Dereito Financeiro e Tributario (20%). De non acadar esa nota mínima, a cualificación que se
reflexará na acta será a obtida no exame final. 



2.- Os/as alumnos/as que se
someteron ao sistema de avaliación continua conservarán, exclusivamente para
a segunda oportunidade de exame, a nota que obtiveran pola asistencia
regular e a participación activa. 



3.- Para os/as alumnos/as de
avaliación global, a súa cualificación final estará integrada polo 70% da
cualificación obtida no exame teórico -que poderá ser escrito ou oral a
elección do alumnado, tras comunicarllo ao coordinador/a da materia o mesmo día, antes do exame- e o 30% da cualificación obtida no exame práctico escrito, sendo ambos diferentes ao que realicen os/as alumnos/as de
avaliación continua.



4.- A proba final, tanto para os/as alumnos/as de avaliación continua como de avaliación global, realizarase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial
aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade para o curso académico
2023/2024. Asimesmo, os/as alumnos/as que así o desexen poderán optar de
forma voluntaria polo exame teórico oral. Deberán comunicarllo ao coordinador/a  da materia o mesmo día antes
do exame.



 



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS
ALUMNOS/AS QUE CONCORRAN Á CONVOCATORIA DE FIN DE CARREIRA:



No exame de Fin de Carreira a
nota final estará integrada polo 70% da cualificación obtida no exame teórico e o 30% da cualificación obtida no exame práctico, ambos
escritos.



O exame de Fin de Carreira desenvolverase na data, lugar e hora especificados no calendario oficial
aprobado a tal efecto pola Xunta de Facultade. 



 



ADVERTENCIA ESPECÍFICA PARA OS/AS
ALUMNOS/AS QUE SOLICITEN SER EXAMINADOS POR TRIBUNAL (SÓ PARA ALUMNADO QUE SE
ATOPE EN 4ª MATRICULA E SEGUINTES):
O exame constará de dúas partes (práctica e teórica) e será exclusivamente
escrito.
As datas e horarios das diferentes oportunidades de exame son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta
de Facultade para o curso académico 2023/2024.


Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000