Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Recursos humanos I
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Estudo de casos/análises de situacións Avaliarase a participación do alumnado e a comprensión da materia a través de probas de avaliación con contido práctico e teórico, e a resolución, de forma individual ou en grupo, de cuestións sobre a disciplina formuladas, guiadas e supervisadas polo profesorado ao longo do periodo lectivo. 30 A2
B1
D1
Probas de resposta curta Exámes como probas para avaliar os coñecementos adquiridos do alumno sobre a materia. Para poder aprobar a materia será preciso ter superado o exame final cunha nota mínima de 5 sobre 10. 70 A2
C17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A descrición desta guía está pensada para a modalidade presencial, polo que será obrigatorio xustificar a asistencia ás clases presenciais.

Para ter dereito á avaliación da parte presencial (4 sobre 10) é necesario asistir polo menos ao 80% das clases.

A nota obtida polo alumno na parte presencial terá vixencia para as convocatorias ás que dá dereito a matrícula de cada ano académico

A concreción das actividades que hai que realizar dependerá en gran medida do número de alumnos así como da dispoñibilidade de medios para traballar en grupo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000