Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito administrativo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminarios Realización de casos prácticos escritos e orais, expondo os alumnos os criterios seguidos para aplicar os coñecementos teóricos sobre a materia e o réxime xurídico aplicable 30 A4
A5
B1
B2
B3
B5
Probas de resposta curta Os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico no que deberán expor, mediante respostas curtas, o réxime xurídico-administrativo aplicable a un suposto práctico 70 A5
B3
B5
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
Para participar na avaliación continua será requisito indispensable que o/a alumno/a suba a súa ficha de estudante á plataforma TEMA antes de que conclúa o primerio mes de clase.
As cualificacións obtidas no estudo de casos/análises de situacións  manterase na segunda convocatoria do curso académico.
Para aprobar a materia é preciso obter un mínimo dun 5 entre o exame final e a avaliación continua. A cualificación máxima que pode obterse no exame final será de 7, sumándose á puntuación obtida no devandito exame a que correspondese na avaliación continua. Para que esta suma teña lugar será requisito imprescindible obter un mínimo de 3,5 sobre 7 no exame final.
En todas as convocatorias o exame final poderá consistir en probas prácticas (resolución de casos prácticos), probas de resposta curta e/our probas de resposta longa.
Por acordo da Xunta de Facultade, os/as estudantes que non sigan ou non superen a avaliación continua terán dereito a un exame final teórico-práctico sobre o 100%, distinto do anterior, no que se avalíe a adquisición de todas as competencias globais da materia.
Convocatoria extraordinaria fin de carreira: a) Tipo de exame: Os/as estudantes realizarán un exame teórico-práctico sobre a totalidade dos contidos da materia; b) Sistema de avaliación: O 100% da cualificación virá determinado polo resultado do exame teórico-práctico.
As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de Facultade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000