Educational guide 2023_24
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Dereito: Dereito constitucional
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Exporanse diversos casos prácticos que deberán ser resoltos polos
alumnos.

A cualificación máxima será de 3 puntos. Para a cualificación terase en conta tanto a asistencia como a participación activa na aula.

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do ordenamento xurídico e a estrutura organizativa e institucional do Estado español e das organizacións internacionais nas que este se integra.
20
Exame de preguntas de desenvolvemento Os coñecementos adquiridos na sesión maxistral serán avaliados a final de curso mediante unha proba oral ou escrita que comprenderá toda a materia. Esta proba valorarase ata un máximo de 4 puntos. Constará de 2 preguntas.

Aqueles alumnos que opten polo sistema de avaliación continúa, deben aprobar esta proba para que se engada a nota dos distintos traballos e probas da avaliación continúa.

As datas e horarios das probas de avaliación final das diferentes
convocatorias son as especificadas no calendario de exames aprobado pola Xunta de Facultade para o curso 2023-2024.

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do ordenamento xurídico e a estrutura organizativa e institucional do Estado español e das organizacións internacionais nas que este se integra.
40
Exame de preguntas obxectivas Durante o cuadrimestre realizaranse dúas probas tipo test que non terán carácter liberatorio.

A data da realización da proba serán comunicada polo profesorado.

Estas probas cualificaranse cun máximo de 3 puntos.

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do ordenamento xurídico e a estrutura organizativa e institucional do Estado español e das organizacións internacionais nas que este se integra.
30
Traballo Durante o cuadrimestre os alumnos deberán realizar un traballo, individual ou en grupo, que será entregado ao profesor e presentado oralmente diante do resto da clase.

Esta proba cualificarase cun máximo dun punto.

Resultados de aprendizaxe: Esta materia pretende posibilitar o ensino sistemático do ordenamento xurídico e a estrutura organizativa e institucional do Estado español e das organizacións internacionais nas que este se integra.
10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será condición imprescindible para contabilizar a avaliación continua obter un mínimo de 4 sobre 10 no exame de preguntas de desenvolvemento, que poderá ser oral ou escrito. Suporá o 40% da avaliación final.

Aqueles/as alumnos/as que non participen no desenvolvemento do curso de maneira presencial terán unha avaliación final que implicará un examen oral, que suporá o 60% da avaliación, e a resolución dun suposto práctico, que suporá o 40% da avaliación.

O alumnado gozará de atención personalizada nas tutorías individualizadas nos días e as horas establecidas, que se darán a coñecer ao alumnado ao comezo do período lectivo.

Na segunda convocatoria diferenciaranse as seguintes modalidades:

          (a) Os/as alumnos/as presenciais serán avaliados daquela parte da programación docente que non superasen durante o curso.

          (b) Os/os alumnos/as que se presentasen á avaliación final e non a superasen, deberán repetir esa mesma modalidade de avaliación na súa totalidade.

Convocatoria fin de carreira:

A avaliación constará de preguntas orais e do desenvolvemento dun caso práctico.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000