Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Historia: Historia das relacións laborais no mundo contemporáneo
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Presentación ante o grupo do traballo realizado e participación nos debates posteriores. 15 A3
A4
B2
B4
D3
D4
Traballos tutelados Valoración do traballo en grupo proposto que debe ser entregado na plataforma TEMA no prazo estipulado 15 A2
A4
A5
B2
B4
D1
D3
Prácticas en aulas de informática Asistencia e participación 5 B3
B4
D1
Sesión maxistral Asistencia e participación 5 A1
A5
B3
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita final sobre os contidos expostos nas clases teóricas 40 A1
A5
C27
D1
Informes/memorias de prácticas Informe escrito do traballo de investigación realizado en equipo 5 A2
A3
A5
B1
D1
D4
Probas de tipo test Valoración das probas escritas tipo test realizadas na platafoma dixital TEMA 15 A2
A5
B1
B3
C27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para os alumnos/as que participaron nas clases presenciais e realizaron as probas prácticas durante o curso:

- Na primeira convocatoria o alumnado realizará unha proba escrita de 4 ou 5 preguntas de resposta longa. Esta proba escrita suporá o 40 % da cualificación final, e versará sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais. Para facer media con a nota obtida nas prácticas e na avaliación continua, os alumnos deben acadar na proba escrita una nota mínima de 4 (sobre 10 puntos posibles).

- Na segunda convocatoria os alumnos/as que o desexen, manterán a nota das probas prácticas e da Avaliación Continua, que suporá o 60 % da cualificación final. Ademais realizarán unha proba escrita final de 4 ou 5 preguntas de resposta longa na que deberán acadar una nota mínima de 4 (sobre 10 puntos posibles) e suporá o outro 40 % da nota final. A proba escrita versará sobre os contidos expostos durante as sesións maxistrais de carácter teórico.

Para os alumnos/as que non participaron nas clases presencias e non realizaron probas prácticas durante o curso:

- É moi oportuno que o alumnado que non poda participar nas prácticas ou nas clases presenciais poda poñerse canto antes en contacto con o profesor da materia (por e-mail, mediante a plataforma Faitic, ou nas titorías) para recibir as indicacións mais importantes que permitan organizar o traballo da materia. Os alumnos deberán superar con unha nota mínima de 5 unha proba mixta de preguntas de resposta longa e curta pola que poderán acadar o 100 % da cualificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases presenciais e teóricas como das probas prácticas realizadas durante o curso. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións interpersoais.

Para o alumnado que non supere durante o curso a Proba Final, pero si as prácticas e a Avaliación continua:

- Poderán manter a nota obtida nas prácticas e na Avaliación continua para o curso seguinte, no que deberán superar a Proba escrita Final con unha nota mínima de 5.

Para o alumnado da convocatoria Fin de Carreira:

- O alumnado deberá superar con unha nota mínima de 5 unha proba mixta de preguntas de resposta longa ou curta, pola que poderán acadar o 100 % da cualificación final. Os contidos a examinar incluirán a totalidade do temario oficial, tanto das clases clases presenciais e teóricas como dos contidos prácticos. Isto motivará o alumnado a desenvolver as súas competencias na aprendizaxe autónoma, na toma de decisións, no traballo individual e nas relacións interpersoais.

DATAS SINALADAS PARA AS PROBAS FINAIS ESCRITAS: 

As
datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as
especificadas no calendario de probas de avaliación aprobado pola Xunta de
Facultade para o curso 2016-17

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000