Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Historia: Historia das relacións laborais no mundo contemporáneo
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación do profesor dos conceptos fundamentais dos primeiros cinto temas. A explicación ten como soporte unha presentación visual que recolle os principais contidos da materia.
Presentacións/exposicións Presentación do alumnado ante os seus compañeiros de grupo, do traballo de investigación realizado polo seu equipo sobre os contidos escollidos dos temas 7 e 8. A presentación pode ter calquera ferramenta didáctica que aporte claridade e creatividade á exposición dos contidos
Traballos tutelados Elaboración dun traballo de investigación en equipo, titorizado pola orientación e supervisión do profesor
Prácticas en aulas de informática Elaboración do traballo de equipo en rede. Busca e análise de fontes e documentación histórica para solventar o traballo. Diálogo e debate na rede na plataforma Faitic.
Probas Descrición
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Resposta de algunhas preguntas de resposta longa relacionadas cos contidos explicados durante as sesións maxistrais
Informes/memorias de prácticas Presentación na plataforma Faitic nom prazo sinalado polo profesor dun informe de autoavaliación sobre o traballo individual e de equipo desenvolvido polo alumno/a.
Probas de tipo test O alumno/a deberá responder no prazo sinalado e na plataforma Faitic os tres cuestionarios sinalados polo profesor sobre diversos contidos do temario
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000