Guia docente 2015_16
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Economía: Principios de economía
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Farase un control da primeira parte do curso relacionado coas follas de problemas resoltas nas clases prácticas. 20 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
Probas de tipo test Exame final. Proba tipo test e/ou proba de resposta curta. 80 A2
A4
A5
B1
B2
B3
B5
C23
D1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A nota final da materia constará de dous bloques. Por unha banda, o exame final que valerá ata un 80% da nota (8 puntos) e por outra banda, a avaliación continua que pesará ata un 20% na nota final (2 puntos).Exame final (ata 8 puntos): Haberá un exame final que se realizará na data oficial establecida no calendario de exames.Avaliación continua (ata 2 puntos): O 20% restante da nota obterase mediante a avaliación continua do alumno, na que se inclúe a entrega de follas de exercicios, e a nota dos pequenos controis que periodicamente se poidan facer.Na convocatoria de xullo mantense a nota da avaliación continua. Por tanto, o exame valerá un máximo de 8 puntos.

NOTA IMPORTANTE 

Os alumnos que non puidesen realizar a avaliación continua e que por tanto non teñan ningunha cualificación nalgunha das actividades correspondentes á avaliación continua realizadas durante o curso, poderán realizar na data oficial establecida no calendario de exames, un exame polo 100% da nota. No devandito exame avaliaranse as competencias globais da materia. Este exame será distinto ao que realizarán os alumnos que participasen na avaliación continua. Para que un alumno poida acollerse a esta segunda modalidade (exame final polo 100% da nota) será necesario que o comuniquen aos profesores responsables da materia antes do 15 de outubro de 2015. Noutro caso considerarase que se acollen ao sistema de avaliación continua.Convocatoria Fin de Carreira Os alumnos matriculados na convocatoria fin de carreira realizarán, na data oficial establecida no calendario de exames, un exame polo 100% da nota. No devandito exame avaliarase ao alumno dos contidos da guía docente do curso académico anterior. DATAS *EXAMENES OFICIAIS Segundo aparece no calendario de exames aprobado en Xunta de Facultade, as datas de exames oficiais son as seguintes: CONVOCATORIA FIN DE CARREIRA: 20 outubro. CONVOCATORIA ORDINARIA: 19 xaneiro.CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: 4 xullo. NOTA IMPORTANTE

: Na páxina web da facultade podedes consultar as datas oficiais de exames e os cambios que poidan producirse.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000