Guia docente 2016_17
Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos
 Materias
  Socioloxía: Introdución á socioloxía das relacións laborais
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Sesión maxistral Participación activa en cada unha das sesións maxistrais do curso. 10 A3
A4
B1
B2
C20
Estudo de casos/análises de situacións En cada unha das clases prácticas o alumnado terá que presentar e entregar un comentario sobre textos fundamentais referidos a cada un dos temas do curso. 30 A3
A4
B1
B2
C20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizarase unha proba de resposta longa na que se incluirán os contidos desenvolvidos durante o curso 60 A2
A3
A4
A5
B1
B2
B3
C20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será necesario obter polo menos un 4 na Proba de resposta longa, de desenvolvemento, sobre os contidos da materia para ter en conta a nota obtida nos Seminarios.

A cualificación final da avaliación continua mantense para o curso seguinte, e tamén para o exame fin de carreira.

PROBA FINAL

Para o alumnado que non seguise o sistema de avaliación continua ao longo do curso, realizarase un exame final de carácter teórico-práctico sobre os contidos das unidades didácticas da materia. O devandito exame suporá o 100% da nota.

NOTA

"As datas e horarios das probas de avaliación das diferentes convocatorias son as especificadas no calendario das probas de avaliación aprobadas pola Xunta de Facultade para o curso 2016-17".

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000